Alejos
Exposición de pintura do artista ferrolán, que en palabras do crítico de arte, Carlos Barcón, ten "unha pintura lírica, imaxinativa, suxestiva e especialmente chamativa, coa que nos recorda que a arte é ante todo creación..."
Exposición de pintura do artista ferrolán, que en palabras do crítico de arte, Carlos Barcón, ten "unha pintura lírica, imaxinativa, suxestiva e especialmente chamativa, coa que nos recorda que a arte é ante todo creación..."
A exposición recolle as 40 obras que foron seleccionadas, entre máis de 500, na cuarta edición do concurso "Ilustraciencia".
Este Premio Internacional de Ilustración Científica, organizado pola Asociación Catalana de Comunicación Científica e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, fállase anualmente co obxectivo de divulgar e impulsar a ilustración científica nas súas distintas modalidades.
Mostra de fotografías realizadas na cidade de Ferrol por este artista ferrolán, fotógrafo e tamén músico, xa que é un dos compoñentes da exitosa banda de rock Bang 74.
Esta mostra, que acolle agora o Sexto Edificio está composta por cincuenta fotografías de gran formato e vén impulsada pola Obra Social La Caixa en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro.
O fotógrafo Xurxo Lobato traza a traxectoria vital e emocional de Rosalía de Castro, a través dunha viaxe polas primeiras etapas desta escritora universal que transcorreu por terras de Compostela, Lestrove e Terras de Iria.
A sala de espera OnFisio, clínica de fisioterapia ubicada en Pontevedra, convertiuse en abril de 2016 en sala de exposicións, e iniciou así unha colaboración que serve de marco para achegar as propostas de novos artistas, ofrecendo un novo espazo para a arte e a cultura.
Ensemble nº1, é unha proposta da artista Rocío Osorio, na que presenta unha serie de variacións sobre un mesmo tema: a pintura. Pintura que ocupa o lenzo, que nega a fotografía, pintura materializada sen pintura e pintura ensamblada tridimensional forman unha composición armónica.
No vestíbulo da biblioteca pode verse esta mostra bibliográfica para conmemorar o Día da Ilustración que se celebra o 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao.
Na sala de exposicións. Dentro das actividades para conmemorar o día da ilustración.
O Liceo de Noia acolle unha exposición colectiva de Nadal na que interveñen quince artistas.
A mostra coordinada por Alfonso Costa Beiro e José Blanco Abeijón pretende mostrarlle ao público un amplo e variado abano do sector artístico actual.
Nela atopamos obras de Alfonso Costa, Antón Sobral, Baldo Ramos, Carlos Pereira, Carmen Hermo, Isabel Pintado, José Blanco Abeijón, Manuel Cambeiro, Mercedes Vicente, Mónica Montero, Pepa Nieto, Perla Blázquez, Soledad Penalta, Tita Fraga e Xosé Luis Veiras Manteiga.
A exposición bibliográfica "O libro ilustrado, imaxes que contan", organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso e as bibliotecas municipais de Redondela, remata o seu percorrido co británico Arthur Rachham, un dos máis reputados ilustradores. Entre as súas obras destacan Peter Pan nos xardíns de Kensington ou Alicia no país das marabillas.
Pop Art Icons achéganos ao universo dun dos movementos artísticos máis importantes da historia da Arte.
A Fundación Cum Laude presenta esta nova exposición acudindo á colección privada de MBA e en colaboración coa Deputación de Ourense. Nesta edición non se repiten as obras da realizada no 2013 "Pure Pop Art" con grande éxito, é unha mostra principalmente didáctica baseada, sobre todo, nos retratos.