Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Escenarios

Traballos realizados pola actriz Manuela Varela baixo a dirección de Lino Braxe.

Fotos de Ana Fernández, TinoViz, Antonio Vales, Víctor Echave, Manuel Carballido, Sol Rivas e Rodolfo Buceta.

Galego

Titerentroido 2017

Esta exposición, enmarcada dentro da programación do Titerentroido 2017, está composta por bonecos e fotos do Mamulengo, tradición de bonecos que está considerada Patrimonio Cultural do Brasil.

Mamulengo, Babau, João Redondo e Cassimiro Coco son denominacións do teatro de bonecos popular do Brasil.

O día da inauguración haberá unha visita guiada e a continuación unha representación na que se utilizarán algúns dos bonecos presentes na exposición.

Galego

(Ex)posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995

O lugar común de que no mundo da arte española non houbo un pensamento crítico queda desmentido con este proxecto, dirixido por Santiago Olmo e comisariado por Armando Montesinos e Mariano Navarro.

O proxecto cobre un período histórico de profundas transformacións sociais, culturais e xeracionais. O final da ditadura e a consolidación da democracia traerán consigo o desenvolvemento tanto material, como intelectual, do sistema da arte.

Galego

Airiños, aires

Na exposición, que segue a súa itinerancia por Galicia, Xurxo Lobato fai unha homenaxe a Rosalía de Castro con 50 fotografías nas que describe unha xeografía vital da escritora.

A principal finalidade desta iniciativa, organizada pola Fundación Rosalía e a Obra Social La Caixa, é transmitir ao público o coñecemento dunha das figuras clave das letras galegas e da proxección dos valores da nosa cultura.

Galego

Entre lapis, óleos e fotografias

"As sensacións de cor", un conxunto de óleos de Paloma Díaz-Castroverde nos que traduce a través da súa particular linguaxe pictórica diversas situacións que en diferentes circunstancias lle calaron ata o máis fondo.

"Fotos escritas á man", unha serie de fotografías con texto de José Luis Fernández Liz, nas que o autor plasma graficamente o resultado das súas conversas coas imaxes que un día capturou coa súa cámara.

Galego

O corazón do barro

A Fundación Eugenio Granell acolle unha exposición dos fondos de cerámica do Museo do Pobo Galego, para sumarse á conmemoración do 40 aniversario da súa creación.

A grand colección de cerámicas de Luciano García Alén e a súa dona María García Ayaso constitúe un importante legado que o o coleccionista doou ao Museo do Pobo Galego.

Recóllense mostras de toda Galicia, algunhas son exemplos de características únicas, en bo estado de conservación e cun valor, patrimonial e económico, incalculable.

Galego

Unha viaxe solidaria e creativa á vida

O programa Viaxe cara á vida, da Fundación Terra de homes, fixo posible dende hai 14 anos, o traslado de 97 nenos e nenas procedentes de países africanos para que fosen operados de graves enfermidades, de forma altruísta, polos equipos médicos de Galicia.

Os artistas plásticos galegos únense para apoiar e dar continuidade a este proxecto a través desta exposición, que estará tamén nas cidades de Santiago e Vigo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición