Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Un rolo de papel continuo

Esta mostra, na que participan o docente (Nono Bandera) e titulados/as da Facultade de Belas Artes, Marcos Covelo, Nuria Figueiredo, Berto Fojo, Julia Huete e Natalia Umpiérrez, é o resultado dun traballo conxunto. Sobre a súa elección, a comisaria Susana Cendán, recoñece que “non primou tanto a procura dunha coherencia estilística, como o ser capaces de poñer en común conceptos e intereses en aparencia inconexos”.

Galego

Pontevedra: Océano Mar

Esta mostra colectiva, comisariada por Antón Sobral, na que se mestura pintura, escultura, poesía, música, fotografía, audiovisual e performance, ten ao mar como tema unificador. 

Están obras dos artistas Carmen Hermo, Tino Canicoba, Marisa Codón, Antón Sobral, Enrique Velasco, Miguel Pereira, Adrián González, Manuel Reboiras, Óscar Ibañez, Manuel Hermida y Open Studio Participantes. Están tamén os poetas Carmen Quinteiro, Francisco Fernández Naval, Xaime Toxo, Elisabeth Oliveira, Tamara Andrés y Xesús Franco.

Galego

Carolina Bonfim. 90 Movementos sobre TECHNOGYM G6508D

Este ciclo expositivo, do que forma parte este proxecto, achéganos ao traballo de cinco creadoras de distintas xeracións e procedentes das artes visuais.

Co seu traballo, Carolina Bonfim explora os códigos da xestualidade e da representación do corpo nun proxecto específico que vén desenvolvendo dende hai seis anos en relación ao estudo de accións corporais, como andar, mirar, bailar ou sentarse.     

Galego

Catro temas de Francisco Pillado

Francisco Pillado foi un artesán da fotografía e retratou A Coruña e as súas xentes ao longo de varias décadas; foi un dos fundadores da Sociedade Fotográfica Coruñesa, da que formaban parte Dionisio Tasende, Schmidt de las Heras e Manuel Ferrol.

Unha parte importante da mostra son fotografías da Coruña, unha Coruña pequena, que empezaba na Cidade Vella e pouco menos que terminaba na praza de Ourense, outras son imaxes familiares.

 

Galego

Kania en FEMENINO

Kanya en FEMENINO é un proxecto que nace no ano 2015, coa participación de 20 artistas convocadas por redes sociais para que encheran coas súas obras os marcos baleiros.

Á exposición non deixaron de incorporarse novas colaboracións, destacando a rápida implicación da muller para formar proxectos e dar visibilidade ás súas creacións.

Galego

La belleza de lo viejo

O artista cubano, coñecido como "el negrito cimarrón", e instalado hai anos na capital galega, reúne dezaseis obras entre escultura, óleo, instalación e obra de papel que conforman "La belleza de lo viejo".

Esta exposición faino retornar a unha infancia esquecida, rescatando coches cheos de recordos que son "testemuñas dunha época e protagonistas do presente". Cada peza ou instalación vaise conformando utilizando diversos obxectos, en ocasións creados polo artista, e noutras sacados de seu contexto habitual.

 

 

 

 

Galego

O mundo flúe

Trátase dunha selección de máis de 40 obras das presentadas á Bienal de Arte Contemporánea que vén organizando a ONCE desde 2006, co obxectivo de recoñecer e difundir a obra de artistas con algún tipo de discapacidade, así como potenciar o seu acceso e participación no mercado da arte.

Unha exposición que pon en valor a importancia da cultura como vehículo de cambio social e que estará simultáneamente en tres dos museos da Rede Museística Provincial de Lugo; o Museo Pazo de Tor, o Museo do Mar, e o Museo Provincial de Lugo.

 

 

Galego

Alejos

Exposición de pintura do artista ferrolán, que en palabras do crítico de arte, Carlos Barcón, ten "unha pintura lírica, imaxinativa, suxestiva e especialmente chamativa, coa que nos recorda que a arte é ante todo creación..."

Galego

Ilustraciencia 2016

A exposición recolle as 40 obras que foron seleccionadas, entre máis de 500, na cuarta edición do concurso "Ilustraciencia". 

Este Premio Internacional de Ilustración Científica, organizado pola Asociación Catalana de Comunicación Científica e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, fállase anualmente co obxectivo de divulgar e impulsar a ilustración científica nas súas distintas modalidades.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición