Co título de África II, Sueiras mostra a evolución do seu traballo na serie África, presentando un conxunto de obras nas que a pintura vai ligada ao concepto de ventá como simulación da realidade visual, con imaxes cheas de ironía, tenrura e cotidianidade.
O artista gaditano, que conta cunha sólida traxectoria, fusiona a pintura, a escultura e a arquitectura. Ten realizadas exposicións en espazos destacados de Estados Unidos, Finlandia, Alemaña e España, e a súa obra está presente nas máis destacadas coleccións.