Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Furabolos

Exposición que acompaña á presentación do Proxecto Interdisciplinar Furabolos e a das novas obras do autor Carlos Labraña, Espantallo e O galo de Portugal camiño de Compostela, coas ilustracións, fotos das representacións, biografía, e demais información sobre o proxecto.

Vestíbulo da biblioteca, pode visitarse durante o horario de apertura da mesma.

Galego

Cen anos de Roald Dahl

Mostra bibliográfica con obras de Roald Dahl para conmemorar o centenario do seu nacemento. 

Roald Dahl, nado en Llandaff, Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e falecido en Oxford, o 23 de novembro de 1990, foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, James e o pexego xiganteMatildaAs bruxas e Muá, Muá.

Sala infantil. Pódese visitar durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Día Europeo das Linguas. Lecturas e recursos

Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas celébrase, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano.

A diversidade lingüística é unha boa ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento fundamental na rica herdanza cultural do noso continente, polo que o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa.

Galego

Reproducións de pezas de cerámica castrexa do Castro de Viladonga

Neste proxecto de investigación fixéronse reconstrucións de pezas de toda Galicia, pero para esta mostra no Museo de Viladonga figuran únicamente as 11 pezas deste castro.
Trátase de pezas cerámicas rigurosamente documentadas a nivel arqueolóxico, mantendo as referencias históricas en canto a formas, decoracións, texturas e acabados, permitindo  unha visión máis real das pezas orixinais.
Estas reconstrucións realizadas a partir dos fragmentos cerámicos que aparecen nas escavacións permiten unha mellor lectura e comprensión das súas funcións, formas, tamaños e decoracións.

Galego

Agustín Fernández Paz, 1947-2016

Homenaxe a Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, un gran escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007 pola Asociación Galega de Editores).

Galego

To be political it has to look nice

A obra de Stefan Brüggemann (Cidade de México, 1975) abriu unha maneira diferente de abordar os aspectos sociolóxicos e culturais da linguaxe. O seu traballo incide nesas contradicións lingüísticas que conforman os paradoxos da vida e a convivencia, pondo en cuestión a rixidez do politicamente correcto, precisamente por falso.

A súa exposición no CGAC está construída a partir de intervencións espaciais que cuestionan a orde dos conceptos, a lóxica das normas e, particularmente, as convencións do sistema da arte. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición