130 Aniversario da obra Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal
Eduardo Pondal, o bardo de Bergantiños, é un dos grandes poetas do noso Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez.
No 1886 publica Queixumes dos pinos, un poemario que é unha reelaboración e superación de Rumores de los pinos, colección de 21 poemas que publicara no 1877. Esta obra pertence á súa segunda etapa na que, influído polas ideas dos seus correlixionarios, especialmente a través de Murguía, séntese o poeta bardo, o espallador das raíces étnicas do pobo galego.

