Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura

Esta exposición, comisariada por Manuel Gago e promovida polo Consello da Cultura Galega, é un proxecto inspirado nunha exitosa mostra do British Museum.

Galicia 100, obxectos para contar unha cultura, é un programa de divulgación do Consello da Cultura Galega que busca difundir a historia e a cultura de Galicia a través dunha selección de cen pezas desde o Paleolítico ata os anos 90 do século XX.  

Nela pódese atopar o Foro do Burgo de Caldelas, unha das primeiras manifestacións en lingua galega, a bandeira do Consello de Galiza e o teodolito de Domingo Fontán.

Galego

Mulleres do silencio, de Maruja Mallo a Ángeles de la Cruz

A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

O proxecto supón unha revisión da mostra - A arte inexistente-  realizada no Auditorio de Galicia en 1995 e comisariada por Rosario Sarmiento.

 

Galego

O Camiño a Santiago

Co gallo da celebración do Ano Xubilar dá Misericordia, a Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola", organiza unha mostra na que se fai un pequeno percorrido polo Camiño Portugués, unha das rutas de peregrinaxe a Compostela.

Galego

Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)

A través de dez paneis e grazas ao material aportado pola Fundación que leva o seu nome e custodia o seu legado, a mostra recolle dun xeito ameno e gráfico a personalidade de Manuel María e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais. Deste xeito, afonda en aspectos relevantes como a identificación do escritor coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios que abordou.

Galego

150 aniversario do nacemento de Ramón Mª del Valle Inclán

Ramón María del Valle-Inclán y de la Peña, nado en Vilanova de Arousa o 28 de outubro de 1866 e finado en Santiago de Compostela o 5 de xaneiro de 1936, foi un dramaturgo,poeta e novelista galego en lingua castelá, membro da Xeración do 98, considerado un dos autores máis importantes da literatura hispanoamericana do século XX.

Con esta mostra, sumámonos ás actividades conmemorativas do 150 aniversario do nacemento do autor.

2º andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Historias de biblioteca

Co gallo da celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, exponse unha selección de libros infantís que teñen como protagonistas ás bibliotecas e ás bibliotecarias e bibliotecarios.

Sala infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

COGAMI. Arte Capaz

A Cidade da Cultura de Galicia acolle a mostra COGAMI. Arte Capaz, un claro exemplo de como con talento e capacidades se crea arte. A través desta exposición, onde todas as obras son realizadas por persoas con discapacidade, se pretende abrir mentes e rachar ideas preconcibidas.

Esta exposición forma parte do programa EnREDarte que desenvolveu a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade –COGAMI- a inicios deste ano en centros e asociacións de distintas zonas de Galicia, e no que participaron 226 persoas con discapacidade física e/ou intelectual. 

Galego

Instinto de Conservación

Enmarcada dentro do programa de difusión da Área de Conservación e Restauración do Museo, a exposición busca fomentar a participación directa ou indirecta do público nas estratexias e accións encamiñadas a coidar e respectar o patrimonio a través da conservación preventiva.

Con este fío argumental e dende un carácter didáctico, a exposición toma man de imaxes da obra de Eugenio Granell para convidar á reflexión sobre o concepto de conservación de obxectos físicos e de ideas.

Galego

Enredadas

A mostra «Enredadas» forma parte da programación da III edición do Festival Mar de Mares, baseado na preservación do medio mariño, que comeza na Coruña.

A mostra, que estar aberta ao público ata o vindeiro 8 de outubro, recolle o resultado dun proxecto de apoio á creación e innovación de empresas artesanais, desenvolvido pola Xunta de Galicia, no que participaron varias asociacións de redeiras galegas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición