Cen anos de Roald Dahl
Mostra bibliográfica con obras de Roald Dahl para conmemorar o centenario do seu nacemento.
Roald Dahl, nado en Llandaff, Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e falecido en Oxford, o 23 de novembro de 1990, foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, James e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.
Sala infantil. Pódese visitar durante o horario de apertura da biblioteca.

