Un mar de libros
Presentamos unha colección de guías para planear viaxes e unha mostra das viaxes imaxinadas por outros, como Jules Vernes, Jack London ...
Sala Infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Presentamos unha colección de guías para planear viaxes e unha mostra das viaxes imaxinadas por outros, como Jules Vernes, Jack London ...
Sala Infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.
Santiago de Compostela como un dos principais centros de peregrinación é a protagonista desta mostra, na que reunimos documentos sobre a cidade, o camiño, a peregrinaxe ... para conmemorar o Ano xubilar extraordinario que se celebra este ano.
Vestíbulo. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.
Raimundo García Domínguez, máis coñecido como Borobó, nado en Pontecesures o 10 de xullo de 1916 e finado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003, foi un escritor e xornalista galego.
Homenaxeamos ao autor no centenario do seu nacemento con esta mostra, na que presentamos unha selección dos seus traballos.
2º andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.
Exposición: José María Cao Luaces
Promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, e en colaboración co Club de Prensa de Ferrol, a exposción está composta por unha mostra das ilustracións caricaturescas creadas polo artista Xose María Cao Luaces (Cervo, 1862 - Buenos Aires, 1918), gran debuxante galego que contribuíu decisivamente a que a ilustración arxentina eclosionase no final do século XIX e comezos do XX.
Horario: De luns a venres de 09:00 a 21:00 / Sábados de 10:00 a 14:00
Con esta exposición, a Fundación da ONCE pretende divulgar a obra de artistas con discapacidade entre aquelas persoas relacionadas co mundo da arte.
Con esta exposición, Fundación ONCE pretende divulgar a obra de artistas con discapacidade entre aquelas persoas relacionadas profesionalmente co mundo da arte ou que non tiveron a oportunidade de visitar a Bienal de Arte Contemporánea que organiza a entidade.
Esta exposición recolle os traballos orixinais premiados no “VII Concurso de Banda Deseñada B.D. VIGO” organizado pola Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.
Do día 1 ata o 30 de xuño no espazo de exposicións da biblioteca.
Conmemoramos o centenario do nacemento de Roald Dahl (Llandaff 1916-Oxford 1990). Autores e ilustradores recomendan os seus libros e témolos todos na sala infantil-xuvenil. A súa novela "Charlie e a fábrica de chocolate" (1964) fíxoo famoso entre os xóvenes de todo o mundo; chegou incluso a ser elixida número un nunha enquisa realizada polo prestixioso diario Sunday Times para seleccionar as dez mellores obras infantís.
Selección de libros e películas, que inclúe literatura de viaxes, novelas de aventuras, cómics de viaxes e aventuras, filmes de aventuras, road movies... En definitiva, obras que nos convidan a despreguizarnos e partir en busca de emocións fortes no comezo do verán.
3º andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.
No 2016 cúmprense 100 anos do nacemento do escritor Camilo José Cela (nado na parroquia de Iria Flavia, no veciño Concello de Padrón, o 11 de maio de 1916). Para conmemorar o seu centenario, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica dalgúns dos documentos da súa colección relacionados co escritor, Premio Nobel de Literatura no 1989.
2º andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.
Denomínase álbum ilustrado a toda obra literaria, en xeral, dedicada ao público infantil, caracterizada por aunar nunha mesma páxina contido textual e contido ilustrado ou imaxe. Os dous contidos compleméntanse aportando conexión e coherencia á obra literaria. Normalmente edítanse en tapa dura e son obras de pequena extensión. É un xénero literario propio da literatura infantil e xuvenil relativamente recente, aínda que tamén hai álbums para adultos.
Sala Infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.