Manuel Gallego. Arquitectura 1967-2015
A Fundación Barrié produce, en colaboración co estudio do arquitecto galego, esta primeira retrospectiva.
Comisariada polo propio autor e deseñada polo arquitecto e fotógrafo Pablo G. Picard, propón aproximarse á complexidade da arquitectura cunha nova mirada.
Trátase dunha selección de 22 proxectos construídos, con maquetas e ampla información gráfica e fotográfica, que subliñan os conceptos de idea e de contexto.

