Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sistemas dinámicos de Samuel Castro

O pensamento de Samuel Castro enmárcase dentro da idea de movemento continuo: panta rei, é dicir, todo flúe, aforismo co que Heráclito de Éfeso sentaba as bases da idea de dinamismo infindo da natureza.

Con esta proposta, comisariada por Javier Pérez Buján, estamos ante unha obra de carácter tridimensional, realizada con materiais reciclados, naturais ou artificiais, con frecuencia cambiante e que ten unha parte importante de recollida de datos. 

Galego

Manuel Moldes...O rapto de Europa...

A mostra dos últimos traballos do artista galego Manuel Moldes, que non se afasta da realidade inmediata nin da inacción política, vira ao redor do mito grego representado por grandes mestres, aportando un traballo de enorme carga simbólica que, segundo o crítico Ramón Rozas, se erixe nun alegado vital liderado por un exército de resistencia á inxustiza e á indignación.  

 

 

Máis información

Galego

MATERIA PRIMA: Reducto da cultura urbana

A mostra reúne a 7 artistas galegos, 7 visións Reducto cun relato que evidencia a diversidade, que fai mención á vez a un “lugar común”, un sitio persoal, á marxe do establecido, pero que podemos ver repetido en calquera parte do mundo onde atopemos unha cidade, un barrio, un grupo de mozos.

Esta proposta comisariada por Adriana Pazos Ottón, pretende ser un recoñecemento aos artistas saídos da Facultade de Belas Artes, con todo o seu potencial expresivo e discurso persoal.

 

Galego

Saúde e Terra Irmá(n)s

O proxecto expositivo de conmemoración do centenario das Irmandades da Fala, organizado pola RAG, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego chega ao Centro Torrente Ballester de Ferrol.

A exposición recrea a época das Irmandades da Fala e profundiza no seu significado histórico a través de gravacións, imaxes, obxectos, documentos e pezas artísticas da época e busca difundir o legado do movemento nacido o 18 de maio de 1916 na Coruña e que rapidamente se espallou por todo o país.

 

Galego

Pegadas na terra

“Pegadas na terra” é unha mostra colectiva comisariada por Paula Cabaleiro e Antón Sobral na que os artistas se achegan á natureza con diferentes olladas sobre a paisaxe e o territorio, a contorna, o tempo e a distancia, a través de pezas de escultura, instalación, fotografía, vídeo, pintura e debuxo.

Galego

The observation of trifles

Carlos Alba, fotógrafo madrileño residente en Londres, intervén en Zona "C" como seleccionado na modalidade de proxectos de intervención artística. A súa obra céntrase nas relacións humanas no mundo moderno.

Reflexiona co seu traballo sobre como un estranxeiro trata de atopar o seu camiño nun novo país e nun novo barrio, toma obxectos que atopa nas rúas e utilízaos como unha especie de arqueoloxía visual e esta combinación de obxectos con fotografías chega ao espectador dunha maneira física e envolta en misterio.

 

Galego

Francisco Remiseiro

A Galería About Art expón obras do escultor pontevedrés Francisco Remiseiro, artista de formación autodidacta, con gran admiración polos oficios tradicionais, que segundo el, transforman a materia aínda que cun obxectivo distinto ao da escultura.

As súas pezas establecen unha relación entre o humano e o obxecto, procurando unha emoción constante.    

 

 

Máis información

Galego

Inconscientemente

A mostra está organizada pola asociación Sen Ánimo de Nome e forma parte do proxecto 1+1 Play Coruña, cuxo obxectivo é visibilizar a obra de artistas emerxentes.

Neste caso reúnese a seis artistas, catro galegas e dous italianos, Julia Aguiar, Iria Prol, Cristina Chiarroni, Marita Carmona, Tommaso Freda e Carolina Russo que traballan o tema do subconsciente dende técnicas artísticas distintas. 

 

Galego

105 Aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro Mora, nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galega. En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Con esta mostra repasamos a súa obra e recordamos a súa figura.

2º andar da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición