Castelao
No vestíbulo da biblioteca pode verse esta mostra bibliográfica para conmemorar o Día da Ilustración que se celebra o 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao.

No vestíbulo da biblioteca pode verse esta mostra bibliográfica para conmemorar o Día da Ilustración que se celebra o 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao.
Na sala de exposicións. Dentro das actividades para conmemorar o día da ilustración.
O Liceo de Noia acolle unha exposición colectiva de Nadal na que interveñen quince artistas.
A mostra coordinada por Alfonso Costa Beiro e José Blanco Abeijón pretende mostrarlle ao público un amplo e variado abano do sector artístico actual.
Nela atopamos obras de Alfonso Costa, Antón Sobral, Baldo Ramos, Carlos Pereira, Carmen Hermo, Isabel Pintado, José Blanco Abeijón, Manuel Cambeiro, Mercedes Vicente, Mónica Montero, Pepa Nieto, Perla Blázquez, Soledad Penalta, Tita Fraga e Xosé Luis Veiras Manteiga.
A exposición bibliográfica "O libro ilustrado, imaxes que contan", organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso e as bibliotecas municipais de Redondela, remata o seu percorrido co británico Arthur Rachham, un dos máis reputados ilustradores. Entre as súas obras destacan Peter Pan nos xardíns de Kensington ou Alicia no país das marabillas.
Pop Art Icons achéganos ao universo dun dos movementos artísticos máis importantes da historia da Arte.
A Fundación Cum Laude presenta esta nova exposición acudindo á colección privada de MBA e en colaboración coa Deputación de Ourense. Nesta edición non se repiten as obras da realizada no 2013 "Pure Pop Art" con grande éxito, é unha mostra principalmente didáctica baseada, sobre todo, nos retratos.
Denomínase álbum ilustrado a toda obra literaria, en xeral, dedicada ao público infantil, caracterizada por aunar nunha mesma páxina contido textual e contido ilustrado ou imaxe. Os dous contidos compleméntanse aportando conexión e coherencia á obra literaria. Normalmente edítanse en tapa dura e son obras de pequena extensión. É un xénero literario propio da literatura infantil e xuvenil relativamente recente, aínda que tamén hai álbums para adultos.
Sala Infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.
Conmemoramos o Día da ilustración (30 de xaneiro) cunha mostra dedicada a Maruxa Mallo (Viveiro 1902 - Madrid 1995), a máis recoñecida das artistas galegas do século XX.
A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, aínda que non foi recoñecida ata a morte de Franco. A súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, no 1982, e na exposición antolóxica que no 1993 inaugura o Centro Galego de Arte Contemporánea.
Nova instalación do Museo de Belas Artes da Coruña, un proxecto que nace do obradoiro impartido polo artista coruñés Pepe Galán no marco do ciclo ‘Artistas no museo’ e que ten como fío condutor a figura do escultor decimonónico Isidoro Brocos.
Coa exposición Paisaxe e Patrimonio: un percorrido polo territorio a través do Arquivo de Galicia, este centro pretende difundir o interese dos documentos que custodia como fonte de información para os estudos sobre a evolución da paisaxe, un patrimonio que, como os arquivos, é preciso preservar.
Plácido Ramón Castro del Río, nado en Corcubión o 25 de xaneiro do 1902 e finado en Cambados o 17 de xullo de 1967, foi un escritor, xornalista e tradutor galego. Foi unha figura destacada do galeguismo de entreguerras, así como un activo persoeiro da cultura galega na diáspora, durante a súa estadía no Reino Unido tras a Guerra Civil.
Con esta mostra no 2º andar da biblioteca recordamos a súa figura e a súa obra.