Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

El doble de la mitad. Rubén Ramos Balsa

Esta exposición do artista Rubén Ramos Balsa supón a primeira presentación ampla do seu traballo en España, reúne unha serie de pezas (fotografías, videos) que pertencen ás diferentes series e investigacións sobre as que o artista vén traballando desde principios dos anos dous mil.

A mostra, comisariada por Juan de Nieves, concíbese como un campo de ideas e obras interrelacionadas cunha vocación de recorrido experiencial e está composta por un total de 60 obras, algunhas delas modificadas e adaptadas para as salas do MAC, que cuestionan a percepción do espazo visual. 

 

Galego

Compostela, un ano de Voz 2016

Os fotógrafos de La Voz de Galicia Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Merce Ares expoñen nunha mostra na USC as súas mellores instantáneas que resumen o acontecido en Santiago e a súa contorna en 2016. 

‘Compostela. Un ano de Voz’ organizada en colaboración co Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia poderase ver nos espazos expositivos do Colexio de Fonseca. 

 

 

Galego

Emporium. Mil anos de comercio en Vigo

Comisariada por Adolfo Fernández e Pilar Barciela "Emporium" presenta mil anos de relacións comerciais de Vigo desde a Prehistoria ata a chegada dos árabes á Península.

A mostra artella o seu relato mediante máis de 200 obxectos arqueolóxicos, restaurados e documentados expresamente para a exposición, moitos dos cales se expoñen por vez primeira ao público, co obxectivo principal de dar unha oportunidade á cidadanía, especialmente á viguesa, de coñecer o seu pasado. 

Galego

Il Mare (1996-2016)

Exposición comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez na que se reúnen  un cento de obras, realizadas ao longo de 20 anos por Paula Mariño, estruturadas en nove series e 58 libros, un por cada ano da artista, todas elas co mar como eixo vertebrador. O proxecto pictórico conta tamén cun vídeo realizado para a ocasión.

Galego

Manuel Pesqueira. Terra e vangarda

A exposición, unha das máis completas realizadas nunha galería de arte dende o falecemento do artista en 1988, está composta por 20 pinturas que representan as vertentes estéticas desenvolvidas polo pintor de Lantaño. 

Moitas das pinturas pasaron por importantes exposicións como a celebrada no Centro Social Novacaixagalicia en 2011 ou na Casa da Parra en 2002.

Galego

Terracotta Warriors. The army of the first emperor of China

FARO DE VIGO leva o exército de terracota ao porto deportivo de Vigo, cunha mostra que reproduce a maxia do foso onde se atopan as pezas orixinais, aínda que os guerreiros son réplicas homologadas do xacemento arqueolóxico máis grando do mundo (211 a.C.), moi complicado de ver, xa que apenas sae de China. 

Dende o ano 1987 están considerados como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e en 2010 os seus descubridores e excavadores oficiais -a arqueóloga XuWeihong e o seu equipo- recibiron o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais.

Galego

Si fluye, influye

A mostra recolle os traballos realizados polo artista entre 2014 e 2016; unha carreira creativa na que combina dende os seus comezos a faceta de deseñador e grafista coa de ilustrador.

Trátase, segundo el, dun puñado de sentimentos plasmados en forma de ilustracións, unha recopilación de madeiras e cartóns enlazada por textos, unha salpicadura de óxido que recorda o paso do tempo, una analoxía analóxica nun mundo dixital cada vez máis igual, máis plural e menos singular.

 

Maís información

 

Galego

Hijos de Batman

Exposición de 20 ilustradores entre outros Jok, David Buceta, Angela Curro, Daniel Morales, Carlos Ríos, Fran Mariscal...que recrean escenas ou imáxenes da mítica serie de banda deseñada.

Actividade dentro do programa co que se festexa o Día da Ilustración.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición