Enfrontados
Exposicón que xunta os últimos traballos de Moncho Rama e Lucía López, dúas formas e soportes de expresión artística.
Exposicón que xunta os últimos traballos de Moncho Rama e Lucía López, dúas formas e soportes de expresión artística.
Arquitectura en varios formatos que xoga coa paisaxe urbana, recreando unha serie de cores e formas moi creativas a través da mirada do autor.
Recompilamos unha serie de materiais sobre a tradición oral. A tradición oral defínese como todas aquelas expresións culturais que se transmiten de xeración en xeración co propósito de difundir coñecementos e experiencias ás novas xeracións. Forma parte do patrimonio inmaterial dunha comunidade e pode manifestarse a través de diferentes formas faladas, como cantos populares, contos, mitos, lendas, poesía... etc.
A mostra pode visitarse no 2º andar da biblioteca.
Exposición dunha selección de documentos da colección da biblioteca sobre a cociña en Galicia.
3º andar da biblioteca.
A exposición, en homenaxe a este creador no quinto aniversario do seu falecemento, recolle un total de 19 obras entre lenzos e obra gráfica.
Todas as obras se realizaron entre os anos 1993 e 2012 no estudio de Armenteira, incluído o seu último cadro pintado. Nese taller foi donde comezou a traballar coas cinzas, un dos elementos que definiría a súa linguaxe creativa a partires deses anos.
As 22 acuarelas, do pintor José Manuel Sánchez, ten por obxectivo difundir a gran riqueza e patrimonio ancestral, facendo un percorrido polos traxes e personaxes deste carnaval como son as Pantallas de Xinzo, o Gigarrón de Verín, o Peliqueiro de Laza ou o Felo de Maceda.
A exposición acompaña ao libro Elas, da ensaísta e catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, Aurora Marco.
Xunta cadros orixinais das pintoras galegas Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro, nos que as artistas plasman a súa visión das mulleres máis sobranceiras da nosa historia.
O Museo do Prado e a concellería de Cultura, co patrocinio da Fundación AXA e a colaboración da Fundación ONCE, fan posible a primeira mostra deste tipo realizada polo Prado e na que non só está permitido tocar as obras senón que é obligatorio facelo.
Nesta exposición, seguindo a pegada da retrospectiva Os días Pintados na Fundación Luis Seoane, quérese facer unha pequena antolóxica, en rexistro íntimo e de carácter doméstico, que complemente dalgunha maneira á institucional.
Componse de obras dende principios da década dos 80 ata o ano 2016. Dende as súas primeiras pezas, de gran forza expresionista, nas que prevalece un estilo abstracto e simbólico moi marcado, a obras de carácter máis figurativo nas que predomina o seu interese polo corpo humano.
Obras de Ignacio Llamas e Lola Rivière.
Ignacio Llamas mostra a súa obra con asiduidade, realizou exposicións individuais e colectivas en España, Portugal, Italia, Alemania, EEUU e Arxentina, participando con frecuencia en feiras de arte contemporánea tanto nacionais como internacionais.