Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Confesión xeral

Confesión xeral é unha retrospectiva de Luis Gordillo, comisariada por Juan Antonio Álvarez Reyes, director do Centro Andaluz de Arte Contemporánea de Sevilla e Santiago Olmo, director do CGAC.

A exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas.

Galego

Laxeiro en conversa. Diálogo con artistas contemporáneos

Mostra articulada con obras procedentes das coleccións de arte de Afundación, ABANCA e a Fundación Laxeiro.

Un total de 39 pezas amosan a proximidade entre as creacións de José Otero Abeledo, Laxeiro, e outros autores que, malia seren posteriores a el, comparten a idea de concibir a arte como un reflexo de pulsións internas máis ca na plasmación de realidades externas.

Galego

Balnearia bibliográfica. Un percorrido polas augas minerais de Galicia

Galicia. Terra das augas. Unha antiga definición que recolle séculos de vida ao redor de mananciais, fontes, servizos de saúde e repouso. Unha característica única e preciosa que xerou centos de libros, revistas, carteis e ilustracións, mapas, postais e obxectos de uso cotián. Unha produción bibliográfica antiga e moderna dunha enorme amplitude e cunha gran calidade e beleza. Unha xanela artística, social, médica e científica a tempos e xentes do noso país das augas, Galicia.

Galego

Da árbore á cadeira

Comisariada polo recoñecido arquitecto galego Carlos Seoane, Da árbore á cadeira propón unha viaxe emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico. Así, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) ata os contemporáneos, entre os que se atopan moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición