Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Flor Novoneyra

Flor Novoneyra está formada por máis dun cento de obras nas que Lamazares transcribe versos do poeta do Courel empregando o seu coñecido Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental que o pintor bautizou co nome do seu pai. A exposición supón, así, un diálogo entre pintura e poesía, o encontro entre o pintor que quería ser poeta, como Lamazares se ten descrito ao longo da súa carreira, co poeta namorado da pintura.

Galego

Gloria Fuertes: viviña e coleando

Conmemoramos o centenario do nacemento da poeta Gloria Fuertes García (Madrid, 10 de marzo de 1917 - 27 de novembro de 1998) ligada ao movemento literario da Primeira xeración da posguerra.

Foi unha escritora moi mediática, especialmente coñecida a partir dos '70 polas súas colaboracións en programas infantís e xuvenís de Televisión Española. 

Na sala infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.
 

Galego

100 anos da Revolución rusa (8 de marzo-8 de novembro do 1917)

Recordamos a Revolución rusa, un acontecemento decisivo do século XX, no seu 100 aniversario.

O termo Revolución rusa agrupa todos os sucesos que conduciron ao derrocamento do réxime tsarista e á instauración preparada doutro, leninista, a continuación, entre febreiro e outubro de 1917, que levou á creación da República Socialista Federativa Soviética de Rusia. O tsar viuse obrigado a abdicar e o antigo réxime foi substituído por un Goberno provisional durante a primeira revolución de febreiro 1917.

Galego

Letras Galegas 2017

Carlos Casares Mouriño, o coleccionista de historias : Letras Galegas 2017.

A exposición de vinte carteis que forman o material editado co gallo do Día das Letras Galegas 2017,  ten como obxectivo responder ás necesidades que a meirande parte das profesoras e profesores teñen para achegar o seu alumnado de primaria e secundaria  á figura de Carlos Casares.

Os carteis están elaborados   polo CEIP Plurilingüe Anxo da Garda de A Coruña para o alumnado de primaria e  realizados polo IES Carlos Casares de Vigo para o alumnado de secundaria.

Galego

Anxo Lamas

Exposición de obras en madeira de Anxo Lamas.

Sala de exposicións do 8 ao 21 de maio.

A mostra está composta por 42 obras, do total de 64, cedidas polo artista á Asociacion Xermolos e Irmandade Manuel María, para que no seu día poidan ser expostas permanentemente na futura Casa Museo do escritor Xosé María Díaz Castro. Cada unha das táboas está dedicada a un escritor chairego, como homenaxe de Anxo Lamas á creación literaria chairega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición