Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Exposición ASPNAIS

Esta exposición honorífica á Asociación ASPNAIS, que cumple 50 anos desde o seu comezo, mostrar diferentes obras realizadas por 76 usuarios, dos 150 da asociación.

Entre as diferentes obras artísticas atopamos fotografías, esculturas, obras literarias, debuxos e pinturas. Os usuarios contan con dous membros coordinadores que permiten que esta exposición sexa posible.

Galego

Exposición Escolma

Xosé Randolfe Vilariño é un artista especializado no esmalte. Nas súas obras pódese observar o interese que ten pola cultura e a figura feminina. A súa intención é mostrar a beleza da realidade á vez que se ensinan valores positivos mediante as representacións do mundo actual. Ademais, nas súas obras podemos atopar diferentes temáticas de índole social como o feminismo ou a violencia machista.

As últimas interpretacións representan ademais as súas raíces rurais, dándolle importancia tamén á vexetación autóctona e mostrando o seu carácter reivindicativo respecto a este tema.

Galego

Eduardo Blanco Amor (1897-1979)

Eduardo Modesto Branco Amor, nacido en Ourense o 14 de setembro de 1897 e falecido en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego. No ano 1993 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Escribiu poesía, teatro, ensaio e narrativa, sendo nesta última na que destaca con algunhas obras fundamentais da literatura galega como A esmorga, Os biosbardos, Xente ao lonxe... Con esta mostra, que pode visitarse na 1ª planta da biblioteca, do 7 ao 30 de setembro, conmemoramos o 120º aniversario do seu nacemento.

Galego

Visitas guiadas á exposición Pontevedra Suite

Todos os sábados ás 19 horas o Gabinete Didáctico realizará visitas comentadas á exposición Pontevedra Suite que recolle a obra do artista pontevedrés Manuel Moldes.

Para participar nestas visitas é preciso estar puntual na recepción do Sexto Edificio.

Para grupos organizados é preciso escribir a gabinetedidactico.museo@depo.es ou chamar ao 986 804 100 de luns a venres de 8:00 a 14:30.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición