'Valor e mestría. Galicia como fútbol'
'Valor e mestría. Galicia como fútbol' é a exposición máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol en Galicia, tanto en percorrido histórico como en número de pezas: 300, das cales 200 son orixinais. A mostra arranca en 1876, ano no que se data a primeira referencia o xogo do foot-ball en Galicia —e que algúns historiadores consideran que tamén en España— ata o gol do celtista Iago Aspas no recente Mundial de Rusia.

