Conversas, de Sabela Arias Castro
A pintora lucense representa nas súas pinturas os sons, os olores e os pensamentos que están presentes nunha conversa. O seu obxectivo é presentar un conxunto no que todo se interrelacione e teña sentido.

A pintora lucense representa nas súas pinturas os sons, os olores e os pensamentos que están presentes nunha conversa. O seu obxectivo é presentar un conxunto no que todo se interrelacione e teña sentido.
Os relatos parten sempre dun topos, dun lugar, mesmo imaxinado como Macondo ou o País das Marabillas. Nesta exposición repasamos obras significativas da literatura galega e internacional destacando fragmentos que describen as cidades ou vilas nas que transcorren. En https://www.galiciale.gal/ poderedes encontrar algunhas destas obras:
O club da calceta
https://catalogo.galiciale.gal/Record/Xebook1-88
Trece badaladas
Esta exposición é un diálogo entre as pinturas de Antón Lamazares e as palabras do poeta Uxío Novoneyra. A exposición está composta por unha selección de pinturas do Lamazares acompañadas de versos do poeta do Courel, unha mostra dos seus caligramas e unha aportación gráfica.
A mostra, está comisariada por María Díaz Rey, directora da Galería About Art de Lugo, e conta coa colaboración da Fundación Uxío Novoneyra.
Proxecto expositivo composto por algunhas obras de Jorge Cabezas e no que colaboraron Antón Reixa, Juan Rodríguez, Eduardo Hermida, Rubén Ventureira e Carlos Pita.
A obra do artista coruñés caracterízase polo emprego dunha iconografía única, recoñecible, libre, e que está influenciada por unha serie de referencias nas que predominan aspectos da súa vida, a música rock e a cultura popular.
A montaxe desta exposición está inspirada na da última exposición de Pablo Picasso no ano 1970 no Palacio de los Papas en Aviñón.
Deseñada e producida por Ronsel de Ideas, a exposición consta de 12 paneis en que se fai un percorrido pola vida de Antonio Fraguas e as achegas que, en diferentes momentos dela, fai á cultura galega, ata que, no final da súa existencia, coa chegada da democracia e da autonomía para Galicia, empeza a ver como se materializa o vello soño que guiou o seu percorrido vital.
O Gabinete Didáctico do Museo Provincial de Pontevedra realizará un percorrido guiado polas exposicións dos edificios Sarmiento e Sexto Edificio. Este percorrido tamén inclúe a visita á pequena mostra dedicada ao Greco e na que se atopa a obra Retrato de un médico.
A duración do percorrido é de 75 minutos aproximadamente, non é precisa a inscrición previa.
Horarios:
De martes a sábado: 12 h e 18 h
Domingos e festivos: 12h
Punto de encontro: Sexto edificio
A mostra To name a mountain de Alfonso Almendros é a gañadora do V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Esta obra de Almendros parte da viaxe que emprendeu o pintor de paisaxes Albert Bierstadt en 1863 a través das Montañas Rochosas, co seu amigo o escritor americano Fitz Hugh Ludlow. O fotógrafo conta a súa propia historia a través de diferentes imaxes da historia da fotografía e con distintos recursos plásticos.
Esta mostra fai un percorrido polas diferentes xéneros e movementos plásticos do artista galego recentemente falecido, Alfonso Abelenda.
Abelenda conta con setenta anos de traxectoria, nesta exposición recóllense 117 das súas obras. A mostra estrutúrase en nove seccións: ilustración e humor, O Prado, Retrato, Bodegón, O taller, A creación, Eros, Tauromaquia e Paisaxe. As obras poderanse ver nos corredores da sede de Afundación, ademais de estar ubicadas nas dúas salas principais.
A exposición está comisariada por Valle García.
Oswaldo Guayasamín é un dos artistas latinomericanos que destaca por representar as vangardas do século XX, especialmente o Expresionismo e o Cubismo.
Co gallo do centenario do seu nacemento e o vixésimo aniversario do seu pasamento Afundación acolle esta exposición do artista ecuatoriano. Ademais, coincide que o ano 2019 é o ano das Linguas Indíxenas.
Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao investigador e profesor Antonio Fraguas Fraguas, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Consello da Cultura Galega, en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial, musical e escénico, entre outros, dirixidas a todos os públicos, e que terán como acto central o propio Día das Letras, o vindeiro 17 de maio.