Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Metrópole

O ciclo Metrópole. Perspectiva urbana da arte galega intenta unir a viaxe no tempo, percorrendo o Vigo dos anos vinte, e ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual, para o que contará cunha serie de exposicións individuais de artistas galegos (da que a primeira será a de Xosé Manuel Castro, con Pedra filosofal). 

Galego

En construción

Comisariada por Santiago Olmo, a exposición propón un acercamento á idea de construción a partir da obra de artistas moi dispares que non obstante comparten un interese pola análise e as metodoloxías propias da construción. 

As estreitas relacións entre arte e arquitectura ao longo do século XX converteron a idea de construción nunha clave imprescindible para comprender a nosa relación co espazo, a paisaxe e a casa, pero sobre todo coa vivencia práctica do obxecto artístico. 

Galego

Graciela Iturbide

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América do Sur. A mostra, composta por 186 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega ata a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan ligados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo.
 

Galego

A arte lumínica de Luisa Álvarez

A Casa das Peritas, estudio de arte e galería ocasional da artista moldava Natasha Lelenco, abrirá portas de novo este verán cunha proposta expositiva que combinará o traballo pictórico da promotora do espazo xunto cunha selección de obras dunha artista convidada, que nesta ocasión é Luisa Álvarez, artista de orixe ourensana afincada en Madrid que emprega a luz como canle de comunicación e elemento plástico. Tanto en proxectos individuais como exposicións colectivas, a súa obra foi exposta en espazos como La Neomudejar, El Matadero (Madrid), ou o Museo Guggenheim de Nova Iorke.

Galego

Exposición conmemorativa do 25 aniversario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

No marco das celebracións que ao longo do ano 2018 conmemoran os 25 anos de existencia do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, preséntase unha escolma dos libros e revistas publicados por esta institución ao longo do seu cuarto de século de historia, así como unha selección significativa dos legados de Jürgen Untermann, Elixio Ribas e Aníbal Otero recibidos polo CRPIH para a súa custodia e estudo.

Galego

La Saga de las Galaxias

La Saga de las Galaxias é moito máis que unha exposición. Consiste nunha experiencia única para toda a familia, elixida en votación pública como a mellor exposición de StarWars de 2017.

Con máis de 1000 m2 de exposición e máis de 600 pezas orixinais de altísima calidade e gran valor de coleccionismo, é unha das coleccións privadas de Star Wars máis importantes de Europa, ambientada visual e acusticamente nas contornas máis emblemáticas da lendaria saga.
 

Galego

A volta dunha ausencia

O escultor coruñés Pepe Galán presenta unha mostra no Museo Provincial de Lugo que consiste nun percorrido por obras que establecen conexión no espazo tempo, realizadas en moitos casos desde a fusión dos medios expresión. A exposición está composta por unha corentena de obras, algunhas de grande formato, e catro instalacións de vídeos e as súas correspondencias escultóricas.

Galego

En construción

As estreitas relacións entre arte e arquitectura ao longo do século XX converteron a idea de construción nunha clave imprescindible para comprender a nosa relación co espazo, a paisaxe e a casa, pero sobre todo coa vivencia práctica do obxecto artístico.

O propio acto creativo xorde do que podemos definir como un impulso construtivo. A idea de construción vincúlase á arquitectura, pero tamén moi estreitamente á escultura, á pintura e ao debuxo así como a unha certa concepción do obxecto como deseño e moi particularmente á instalación.

Galego

Historietas del tebeo. 1917 - 1977

Historietas do cómic é unha exposición que revisa a historia dos cómics españois aparecidos entre 1917 e 1977, e tamén o concepto de cómic como xénero literario: o seu formato, os seus trazos identificativos...

A mostra reúne publicacións e debuxos orixinais que se presentan en dous percorridos: un cronolóxico e outro onde, por temas, descóbrense personaxes tan míticos como Capitán Trueno, Zipi e Zape, a Familia Ulises ou Mortadelo e Filemón e aos seus creadores. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición