EXPOSICIÓN: NACIÓN S. A., de Iago Eireos
Iago Eireos (Lugo, 1980) volve á súa cidade natal cun proxecto expositivo sobre a idea de nación, a través de intervencións artísticas que poñen en diálogo conceptos como memoria, historia, estado, goberno, bandeira, himno, territorio, fronteira, pobo, cultura ou identidade.

