Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A explotación sexual e a violencia

A asociación ALIAD-ULTREIA ten as súas orixes na asociación A.L.I.A.D. (Asociación Luguesa de Información e Axuda ao Drogodependente), fundada en 1984 na cidade de Lugo e posta en marcha por profesionais de diferentes ámbitos (médicos, psicólogos, profesores…) coa intención de informar a sociedade da gravedade do problema das drogodependencias e atendelo conxunto de necesidades humanas que este xera. Nun principio, o seu ámbito de actuación era a prevención e tratamento de persoas drogodependentes, pero A.L.I.A.D. pronto especializaríase na area de incorporación sociaL.

Galego

Exposición 'Galicia, un relato no mundo'

'Galicia, un relato no mundo' explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, centrarase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.

No marco da exposición chegarán por vez primeira a Galicia destacadas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións museísticas en distintos recantos do mundo.

Galego

'Reb/Veladas na paisaxe'

As intervencións artísticas na natureza marcan unha tendencia clave na arte contemporánea desde mediados do século XX ata a actualidade: a obra de arte máis aló do marco espacial do museo.
Neste eido da relación da arte co territorio, a Cidade da Cultura de Galicia quere darlle maior visibilidade á acción das mulleres creadoras e dálle continuidade cunha segunda edición ao ciclo 'Reb/veladas na paisaxe', que naceu o pasado ano coa pegada de perspectiva de xénero, ampla e rachando co excluínte, como sinal de identidade.

Galego

'É cuestión de química'

Como complemento ás actividades do Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas, mostramos unha pequena selección de libros de Química para celebrar o 150 aniversario da Táboa periódica.  
No 1869, o profesor de química ruso Dmitri Ivánovich Mendeléyev publicou a súa primeira Táboa Periódica en Alemania. Un ano despois Julius Lothar Meyer33​ publicou unha versión ampliada da táboa que creara no 1864, baseadas na periodicidade dos volumnes atómicos en función da masa atómica dos elementos.
Pódese visitar na sala infantil da biblioteca durante o horario de apertura.

Galego

'Simplemente Santiago'

En colaboración co IV Encontro Internacional de cadernos de viaxe preséntase "Simplemente Santiago", debuxos de Joaquín González Dorao.
Tras máis de seis anos de traballo, o ilustrador gaditano, Joaquín González Dorao, presenta nesta mostra de orixinais unha recopilación de debuxos de Santiago: A Catedral, as igrexas, os parques, os peregrinos, os museos, os bares, a vida de rúa... un Santiago diferente e completo.
+info
 

Galego

Galicia, un relato en el mundo

Galicia, un relato no mundo explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nunha viaxe que nos leva dende a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira das tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, centrarase nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo. No marco da exposición, pezas destacadas de alto valor simbólico para a historia e cultura do noso país chegarán por primeira vez a Galicia e atópanse en prestixiosas coleccións museísticas en diferentes recunchos do mundo.

Galego

Exposición Fast Moving Cars

"Fast Moving Cars” é o título da última exposición de Pablo Pérez Sanmartín que reúne traballos que abarcan desde 2008 ata a actualidade. A obra deste artista galego móvese nunha encrucillada entre deseño e arte, combinando a linguaxe inmediata e visual do primeiro cunha perspectiva poética e conceptual sobre a mocidade e as subculturas urbanas no contexto da sociedade de consumo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición