Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Prontuario

As celas de homes da pranta baixa do Vello Cárcere acollen a exposición «Prontuario» de Vanessa Somoza Domínguez ata o 8 de marzo. A mostra é un prontuario que percorre parte da prolífica obra figurativa da artista lucense coñecida tamén polo seu forte compromiso social e reivindicativo que tamén traslada a estas obras onde vemos o maltrato sufrido polas clases populares e as nefastas consecuencias desta sociedade mercantilizada pero cun atisbo de esperanza, dando voz coas súas pinceladas as clases máis vulneradas, aos emigrantes, mulleres, nenos e nenas sen voz. 

Galego

Renacer

Do 14 ao 30 de xaneiro, poderemos ver nos Codex Cinema – Caldiae
Factoría Cultural, a exposición “Renacer” da artista lucense Gema López, un conxunto de cadros descritos da seguinte maneira pola artista:

Galego

Saudarte

Cincuenta obras de artistas novos dos centros: Colexio San Francisco, Colexio Sacra Familia, IES Armando Cotarelo, IES Bouza Brey e IES Miguel Ángel González Estévez.

Organiza: Fundación Galega Contra o Narcotráfico

Galego

Exposición: agasalla a túa Biblioteca

Co gallo da celebración do Día do/a usuario/a das Bibliotecas, faremos públicos os nomes dos gañadores do concurso nas categorías de redacción e fotografía. Tamén inauguraremos unha pequena mostra coas propostas presentadas para que todo o mundo poida gozar delas.

Que mellor forma de comezar a celebrar este día que compartindo as fermosas despedidas dos/as nosos/as usuarios/as á "Antiga Biblioteca".

A mostra poderase visitar no segundo andar da Biblioteca ata o 10 de febreiro.

Galego

La esencia caliente

A mostra, que reúne obras do artista estadounidense Dan Mathews, a chilena Lupe Pinar e os galegos José Batallán e Manolo Martínez, xurde da investigación que articula a tese de Mata Piñeiro, que recolle os fundamentos do movemento literario coñecido como realismo sucio e a súa translación a outros campos da arte contemporánea.

 

Galego

É encaixe

Obras artesás e artísticas realizadas por alumnas da EMAO na última década coa certificación de estudos de Deseño e encaixe de Palillos da EMAO. Realizadas como proxectos de fin de estudos baixo a dirección de Marian Núñez -mestra desta disciplina na EMAO-, utilizando distintos materiais, técnicas, formas, funcionalidades e estéticas tradicionais e contemporáneas.

Galego

Espazos republicanos

Durante a II República na Coruña realizáronse toda unha serie de proxectos urbanísticos dos que aínda hoxe somos herdeiros. A exposición realiza unha análise detallada deles apuntando os valores nos que estaban inspirados.

Galego

O Fin do Camiño

A mostra itinerante O Fin do Camiño, pode verse a partir do día 18 no Centro Comarcal da Ulloa de Palas de Rei. Unha exposición que ofrece unha visión da Ruta Xacobea dende a perspectiva da motivación de quen a percorre. Formada por dez paneis, pode visitarse en horario de 16:00 a 19:00 horas. 

Galego

Exposición

Exposición de doce pinturas que representan aos doce meses do ano e que pertencen á Catedral de Miranda do Douro (Portugal), unha rara alegoría pintada en Amberes por Pieter Balten.

Podedes gozar dela na Sala Polivalente do segundo andar da Biblioteca en horario de 17:00 ás 21.00 h. de luns a venres e de 10.00 a 14.00 h. os sábados.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición