Retrospectiva
A sala municipal José Ángel Valente inaugura na tarde do día 19 de decembro (20:00 horas) a exposición Retrospectiva, de Carmucha Vázquez Prats. A artista nacida en Pontevedra en 1934, residente en Ourense, presenta nesta mostra medio cento de obras que percorren a súa obra e resumen a súa vida pictórica. Muller adicada á pintura dende nena, é un exemplo de constancia, traballo e implicación artística. A súa primeira exposición foi nos anos 50, e desde aquela realizou continuas mostras a nivel nacional e internacional.