Exposición itinerante 'Xenio, gloria e oficio' sobre Domingo de Andrade
“Xenio, gloria e oficio” é a mostra coa que a Xunta de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, pon en valor a figura do arquitecto Domingo de Andrade. Trátase dunha exposición itinerante que divulgará o legado do mestre barrco na capital galega así como en Tui, Ourense e Lugo.
A importancia da mestría e oficio deste xenio da arquitectura barroca propiciou que a Real Academia Galega decidira dedicar o Día das Artes Galegas deste ano á difusión da súa figura e traxectoria artística.

