Acampa - Pola paz e o dereito ao refuxio
Acampa é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro que ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio. Promove a participación e a implicación abrindo un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Nesta edición do 2020, poñeranlle cara ao espolio que está detrás da pobreza e que empuxa a emigrar a millóns de persoas.
EXPOSICIÓN. Do 12 de novembro ao 14 de decembro de 2020. Avenida da Mariña:
VICTOR MORIYAMA: DEFORESTACIÓN AMAZÓNICA.

