Envíame unha postal
Un percorrido polas postais da empresa García Garrabella tomadas en Lugo e na Coruña durante as décadas dos 40 e 50 do s. XX

Un percorrido polas postais da empresa García Garrabella tomadas en Lugo e na Coruña durante as décadas dos 40 e 50 do s. XX
A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza no MIHL inaugura este xoves ás 19 horas unha exposición baseada na arte urbana baseada no festival Culturban.
Esta exposición contará cos traballos murais que se elaboraron ao aire libre e que contou como taller de traballo, como lenzo e como galería a cidade de Lugo.
O resultado foi a transformación de varias fachadas e lugares da cidade que fixeron "un Lugo máis vangardista, participativo e amable" declarou Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do coñecemento.
Exposición organizada polo Ministerio de Cultura e Deporte, en colaboración coa Biblioteca Nacional de España, no marco do Programa de Actividades do Consello Xacobeo para o Xacobeo 2021, repasa, a través do debuxo e o cartel, a iconografía e a representación relixiosa, artística, literaria e ideolóxica do Camiño de Santiago, como protagonista da historia de España e de Europa.
A exposición "Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas" da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes. Homenaxe ás pioneiras do xornalismo en Galicia.
A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morais, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Igrexas, Concepción Arenal, Clara Curral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.
Unha mostra que revela a beleza e a fragilidad do noso planeta, en perigo polas nosas accións.
Unha exposición en colaboración con National Geographic.
Desde o Ártico ata a Antártida queremos mostrar algúns dos espazos naturais máis espectaculares da Terra, moitos deles coñecidos como hotspots, ecorrexións terrestres recoñecidas pola súa elevada biodiversidade, alto nivel de especies endémicas (que só viven alí) e que están gravemente ameazadas pola actividade humana.
Cambio de fase nace no período de illamento que vivimos por mor da Covid-19. Nese oasis de tempo suspendido, onde se mesturaban sensacións, lecturas, conversacións e pensamentos, creceu en min a necesidade de facer unha reflexión ao redor do que nos estaba sucedendo como individuos e, en último termo, como sociedade.
A exposición "San Cipriano O Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros" chega ao Museo Etnológico de Ribadavia. Esta mostra supón unha achega á figura de San Cipriano de Antioquía, o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.
O Museo do Viño de Galicia inaugura a súa primeira exposición temporal. De produción propia, consiste nun percorrido polas diferentes pegadas que a cultura do viño deixou na súa interacción co Camiño de Santiago.
Con esta exposición o Museo do Viño de Galicia pretende difundir a longa relación no tempo entre o viño e as rutas xacobeas. O obxectivo é difundir a presenza do viño no Camiño de Santiago ao longo do tempo, a través de referencias mobles, literarias, gastronómicas, etc., así como nos diversos ámbitos, doméstico, monacal, social...
Antropoloxía visual dunha sociedade confinada é unha exposición creada polo Museo Etnológico de Ribadavia que viaxa agora ao Museo do Castro de Viladonga. Tal como indica o seu nome, o seu fío condutor non é outro que a recente crise sanitaria que supuxo un cambio nas nosas vidas. A pandemia da COVID-19 é dobre referencia para esta mostra, xa que, ademais do seu contido, é a primeira que se abre ao público neste museo tras o período de confinamento, un intento como outros de recuperar a ansiada "normalidade" volvendo aos espazos públicos.
Neste ano que se celebra o centenario da primeira publicación da revista Nós, o museo quere chamar a atención sobre unha parte importante das coleccións do museo como son fondos pétreos de gran tamaño que aínda permanecían na antiga sede. Ademais, preséntanse nun lugar tan emblemático, unido ao traballo de Florentino López Cuevillas, figura singular da xeración Nós, como é o xacemento de San Cibrao das, hoxe Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (PACC).