Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os nosos fondos

O Museo Municipal ábrelle de novo as súas portas á cidade este martes 30 de xuño. Será coa colección de arte privada que custodia o Concello, 'Os nosos fondos'. Preténdese dar a coñecer aos propios ourensáns e a todo o público que veña a visitar a nosa cidade o importante patrimonio dos artistas locais: “Nun momento tan convulso coma o que estamos a vivir, é moi importante para a nosa identidade social e cultural amosar a colección de arte máis íntima dos nosos artistas máis destacados”, asegura Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense. 
 

Galego

Fake Abstract

Fake Abstract, do internacional artista galego LINO LAGO é a súa terceira mostra en Moret Art. Nela poderase gozar das súas novas obras, pertencentes á serie homónima que foi portada de numerosas publicacións internacionais, que presentan sorprendentes innovacións a nivel formal actuando tanto a nivel dos soportes como cos materiais empregados. 

Galego

XXX Aniversario Real Orden de Cabaleiros de María Pita de A Coruña

Algunhas delas de forma anual como a conmemoración do asedio á cidade das tropas do almirante Drake, as homenaxes ao Mariscal Porlier e a Sir John Moore, a recuperación dos Xogos Florais dedicándoos a unha personalidade relevante da nosa historia, as ceas renacentistas durante as cales se representaba unha obra de teatro, ciclos de conferencias dentro do Foro de María Pita... Algunhas das iniciativas nadas de propostas realizadas pola Real Orde  foron: a recuperación  da casa da Heroina, o Himno a Maria Pita, a petición de levantarlle un monumento.

Galego

Lugín en Compostela, 150 aniversario do seu nacemento

A Biblioteca de Galicia remata a súa programación de mostras bibliográficas deste ano 2020 coa exposición Lugín en Compostela. 150º aniversario do seu nacemento. Despois de achegarnos á prolífica figura de Concepción Arenal, tócalle agora a quenda a Alejandro Pérez Lugín (Madrid 1870 – Culleredo 1926) , ao que curiosamente se lle recorda como autor dun par de novelas de éxito, incluídas nunha produción literaria máis ben escasa, xa que se limitou a 5 novelas.

Galego

New adult

Selección de obras da nosa colección elaborada pensando nas persoas adultas que queren conectar co seu lado máis xuvenil.

Dispoñible desde o 11 de xaneiro ata o 27 de febreiro no segundo andar durante o horario de apertura da biblioteca.

 

 

Galego

Imaxes do Nadal

O Nadal está presente nas nosas vidas do xeito máis diverso, dependendo a nosa idea sobre el da percepción das numerosas accións exteriores pero tamén das propias actitudes en relación con esta festa. Por iso naceu esta mostra de imaxes do Nadal; un abano de instantáneas que reflicten as diveras visións dos seus autores e provocarán sentimentos acordes coa sensibilidade de cada un de nós.

Presentamos obras de Eduardo Ochoa, Muguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Ónega (In memoriam), José Manuel Guisasola, G. L. Méndez e Hixinio Flores.

Galego

Empezar la casa por la ventana

O deseño como disciplina contemporánea xestouse nas primeiras décadas do S.  XX; a súa actividade comeza a desenvolverse cos cambios políticos e económicos que se producen en Europa tras o final da Primeira Guerra Mundial: un mundo que se debate entre as violentas consecuencias da crise de valores dun réxime caduco e as nacentes esperanzas de renovación social.

Galego

Os teus ollos din o que a túa boca cala

Celeste Garrido Meira ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero. A mostra «Os teus ollos din o que a túa boca cala» está deseñada a partir dunha coidada selección de obras en distintos formatos —na súa maioría de nova produción— que compoñen un relato ao redor da temática do corpo como material, como soporte, como suxeito e como receptor, con especial alusión ao corpo feminino e ao vestido como símbolo.

 

Galego

Ilustradores de... Nesta ocasión, de osos!!!

Lugar: Sala infantil

Datas: do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro

Selección de álbums ilustrados tanto de autores consagrados como noveis, en torno ao mesmo tema, o oso, unha figura clásica do imaxinario infantil. Quen non coñece o pracer dun conto de osos nunha fría noite de inverno?

Conmemoramos con esta mostra bibliográfica, a celebración o día 30 de xaneiro do Día da Ilustración.

A mostra poderá visitarse no horario de apertura da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición