Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe

(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe é un proxecto expositivo colectivo no que unha escolma de artistas multidisciplinares dialoga co patrimonio etnográfico que configuran os fondos da colección do Museo Liste— Etnográfico de Vigo desde diversas técnicas, disciplinas e perspectivas. Un diálogo arredor da nosa cultura material e simbólica dende unha ollada contemporánea. Participan ao longo do ano: Diego del Río, Loreto Arnaz, Berta Pan, María Gar, Aida López, Abraham Alonso, Thomas Apostolou e Chiño Eirín.

Galego

Rexas. Mulleres baixo o terror franquista

Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.

Galego

Emilia Pardo Bazán no Museo

Emilia Pardo Bazán (1851-1921) está considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas  e contos, escribiu libros de viaxe, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao especificamente feminino.

Galego

Rafael García Sánchez - Estampas Anagrámicas

"Estampas anagrámicas" é o título da exposición do tudense Rafael García Sánchez que dende este mércores, 7 de abril e até o 15 de maio, ser´poderá

visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui. Unha das peculiaridades desta mostra é que volve a exhibirse en Tui logo de 87 anos, pois o autor achegara esta colección para unha exposición celebrada no Casino tudense no ano 1934, ano no que se celebraron as festas de San Telmo no mes de xuño.

Galego

Abril, mes dos libros esquecidos

¿QUERES SER A PRIMEIRA PERSOA PARA ESTE LIBRO? 

Queremos celebrar a festa do libro dándolle unha segunda oportunidade a aqueles títulos que nunca se leron.

Moitos libros da biblioteca aínda non tiveron unha oportunidade de saír ao mundo por iso organizamos dúas mostras bibliográficas (no Espazo Xove e no primeiro andar) cunha selección dalgúns destes títulos. Celebra o 23 de abril, Día do Libro, connosco e dálles unha primeira oportunidade.

Como dicía Umberto Eco "O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le".

 

Galego

As gañadoras do Premio Cervantes

Percorrido biobibliográfico das 5 escritoras gañadoras na historia do premio Cervantes : María
Zambrano, Dulce María Loynaz, Ana María Matute, Elena Poniatowska e Ida Vitale.
Para celebrar o Día Mundial do Libro e Dereitos de Autoría, a UNESCO escolleu un día simbólico, a
data na que finaron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, 23 de abril. En España celébrase
nesta data a entrega anual do Premio Cervantes, o maior galardón outorgado aos autores
hispanos, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte a proposta da Asociación de Academias

Galego

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Como todos os anos desde 1967, o IBBY (Internaonal Board on Books for Young people) promove
a celebración do Día Internacional do Libro Infantill o 2 de abril, conmemorando o nacemento de
Hans Chrisan Andersen
-Cartel e mensaxe do DILI deste ano 2021 “ A música das palabras” e exposición de carteis de
anos anteriores.
-“Homenaxe a Andersen”: Mostra bibliográfica de libros de Andersen. Do 1 ao 30 de abril na
sala Infantil

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición