Exposición

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A poesía do retrato

O xoves 6 de maio inaugurase a exposición “A poesía do retrato”, unha reunión de retratos realizados por Xulio Gil. 

A inauguración será o xoves 6 de maio, ás 19:00 h., no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. Iniciarase coa actuación da pianista Brais González Pérez (pequena bio máis abaixo). Á presentación asistirán: Eva García de la Torre, Alcaldesa do Porriño; Xulio Gil, fotógrafo; Marga do Val, escritora; Pepe Puga, da editorial Engaiolarte; Brais González, compositor… Finalizará o acto cunha visita a exposición.

Galego

Tigres coma cabalos

A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Xil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata acadar as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto.

Galego

Reb/veladas na paisaxe

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha unha terceira edición de Reb/veladas na paisaxe para darlle visibilidade e pór en valor as creacións contemporaneas realizadas por mulleres. Este ciclo de intervencións artísticas nos espazos naturais do Gaiás tamén pretende potenciar as zonas verdes do complexo como lugar de creación e exhibición artistica.

Galego

Mes do cómic

Este ano o Calendario do libro e da lectura de Galicia adica o 1 de maio ao cómic, coincidindo co día do cómic gratis (primeiro sábado de maio). Dende a biblioteca non queremos deixar pasar esta oportunidade e decidimos fomentar a lectura deste medio durante todo o mes. O noso obxectivo é axudar e inspirar a aquelas persoas que algunha vez pensaran en iniciarse no mundo do cómic pero non sabían como.

Galego

Philip West. O amor e a muller

En 1996 Philp West sabía que os seus días estaban a terminarse. Estaba namorado e sabía que deixaba atrás un futuro prometedor. Era un home novo. Ese ano pintou un óleo simbólico e importante, Veciños. Á esquerda do lenzo hai unha M pintada en marrón sobre un fondo laranxa. A M está cuberta de casiñas e edificios. A W en verde, está delineada con cor laranxa e o fondo, en tons verdes e negros, está cuberto de cruces. A M é Marián e a W West. Obra creada sinceramente representando a traxedia que se achegaba. A nosa exposición iníciase con este óleo.

Galego

Línea rota de horizonte · Carlos Garaicoa

Liña rota de horizonte é unha exposición protagonizada por unha instalación de grandes dimensións que establece un diálogo coas estruturas da cidade e a súa relación coa natureza, en moitos casos maltratada e descoidada ou, como neste caso, mutilada. Ademais, completarase con outras obras do artista que poñen en relación a natureza e a cidade.  O proxecto, comisariado por David Varro e González & González (Daniella González Maldini, Patrick Hamilton) está coproducido por MadBlue e Fundación DIDAC.

Galego

Asinamos ser libres

Exposición promovida pola Xunta de Galicia que percorrerá once localidades galegas comezando na Biblioteca Pública Ánxel Casal, con paradas en concellos da Rede de Dinamización Lingüística e en bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, para difundir a figura, a vida, a obra e o contexto histórico que lle tocou vivir a Xela Arias.

Coordinada por María Xesús Nogueira, autora dos textos, e producida por Ouvirmos S.L., a mostra conta con fotografías de Xulio Gil, do Arquivo familiar Arias Castaño e do Arquivo Edicións Xerais de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Exposición