Chico! y más
Durante dúas semanas a biblioteca acollerá unha exposición sobre a obra do ilustrador Pablo Carreiro, especialmente sobre a súa tira cómica Chico!.
Chico! é o primeiro cómic de Pablo Carreiro, nel conta a vida ordinaria de Berto e os seus amigos. Unha colección de tiras que celebran o cotián e o encanto de ser un mesmo. Chico! ten dous libros recompilatorios Chico|#1 e Chico#2 que podedes atopar na biblioteca.

