Cine para ler
Novembro é o mes por excelencia do cine en Compostela. Este ano celébrase a XXXV Edición de Cineuropa. Na biblioteca queremos aproveitar para falar e ler de cine cos documentos da nosa colección. A mostra “Cine para ler” contén libros sobre cine, carteis de cine, unha homenaxe a Berlanga e Fernán Gómez no seu centenario, documentos de edicións anteriores de Cineuropa e unha selección de documentais sobre o sétimo arte.
No 2º andar. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.

