Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cata de meles. Un modo de vida: mel de Galicia, disfrútao

Cata e charla formativa onde se explicará que é o mel, elementos para extraela. Diferenzas entre os individuos que habitan as colmeas e como son os panales onde as abellas gárdana con celo. Distinguir as distintas partes da colmea.

A figura do apicultor/a e do envasador/a, así como ás ferramentas precisas coas que traballa. Todo o ciclo de vida do Ouro Doce, desde as flores ata o bote de Mel de Galicia.

Tes vista, tes olfato, tes gusto?

Non todos os meles son iguais atrévete a probar o ouro doce da natureza galega: o Mel de Galicia, un modo de vida.

Galego

Arredor de NÓS

Arredor de NÓS toma o seu título do libro Arredor de si de Ramón Otero Pedrayo e da Xeración NÓS.

Mediante contos, fragmentos adaptados e cantigas inspiradas na súa obra, o bardo Abelardo a achega ao público os valores centrais da Xeración Nós:a defensa da lingua, a memoria, a relación coa terra e a cultura como ferramenta de construción colectiva.

 

Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos, con ela conmemoramos os 50 anos do pasamento de D. Ramón Otero Pedrayo.

Hora: 17:00h

Espazo: Porta do Xurés do Concello de Lobeira

Galego

25 N. Os Desastres da guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Nesta exposición dunha peza singular amósasee o exemplar desta serie de gravados de Goya que forma parte da colección do Museo Massó. A partir da selección de estampas nas que o artista nos deixa un cru testemuño gráfico das violacións que sufrían as mulleres por parte dos soldados, queremos denunciar a actualidade destas imaxes acompañándoas con titulares de prensa de horrores semellantes nas guerras recentes.

25 N. Os Desastres da guerra.

Galego

Biblia, Cultura e Colportores

Esta exposición itinerante reúne exemplares da Biblia prohibidos e antigos dos cinco continentes, así como paneis acerca da influencia da Biblia na nosa cultura: o libro máis lido, máis vendido e máis traducido.

Exposición cedida pola Igrexa Evanxélica con motivo do seu 150 aniversario en Coruña e Galicia.

Galego

Curso de filosofía

Debates para pensar o presente e o título do curso de filosofía aberto que se desenvolverá na Biblioteca Pública de Pontevedra entre os meses de outubro e maio. Está a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes

Data e hora: mércores de 19.00 a 20.45 h (a partir do 8 de outubro)

Público destinatario: adulto

Sen inscrición previa, as sesións están abertas a quen queira acudir, ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación