Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Aprender o mundo

A través da lectura e da escritura afondamos por medio do intelecto no mundo que nos ofrecen os sentidos, mesmo accedemos a outros mundos que os creadores e creadoras nos ofrecen. Con motivo do Día da Alfabetización queremos celebrar a aprendizaxe da lectura e da escritura a calquera idade con este centro de interese e mostra bibliográfica.

Do 13 ao 28 de setembro. Todos os públicos. Sala infantil.

Galego

Luísa Villalta, tatuada na pétrea pel do mar

Acollemos esta exposición elaborada polo CEIP Raquel Camacho, da Coruña, gañador do Concurso das Letras Galegas 2024 na categoría de educación infantil e primaria. Trátase dun harmonioso conxunto de carteis nos que destacan a creatividade, a beleza estética, a cooperación de todo o alumnado na súa elaboración, o carácter integrador e inclusivo e o emprego de técnicas e recursos diversos (códigos QR, linguaxe Braille, pictogramas etc.), na procura de difundir a vida e a obra de Luísa Villalta entre a rapazada.

Galego

Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta

Acollemos esta exposición elaborada polo CIFP A Carballeira-Marcos Válcárcel, de Ourense, que resultou premiada no Concurso das Letras Galegas 2024 na categoría de secundaria, bacharelato e outras ensinanzas. Este traballo destaca polo seu carácter innovador ao nos amosar a protagonista das Letras Galegas como un avatar que nos convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, unha realidade virtual na que descubriremos imaxes, recursos e actividades interactivas.

Galego

Un modo de vida: mel de Galicia, disfrutao

Charla formativa onde se explicará que é o mel, elementos necesarios para extraela. Diferenzas entre os individuos que habitan as colmeas e como son os panales onde as abellas gárdana con celo. E distinguir as distintas partes da colmea.

A figura do apicultor/a e do envasador/a, así como ás ferramentas precisas coas que traballa. Todo o ciclo de vida do Ouro Doce, desde as flores ata o bote de Mel de Galicia.

CATA DE MELES

Tes vista, tes olfato, tes gusto?

Galego

Fósiles, rochas e minerais

Sabiades que os fósiles permítennos coñecer a historia da vida no noso planeta? E a diferencia entre as rochas e os minerais?

Na biblio temos preparada unha exposición de fósiles, rochas e minerais na que poderás aprender o que nos din os fósiles sobre tempos pasados e coñecer as formas, cores e segredos que agochan os minerais.

Todas as pezas da exposición foron cedidas por Richard Romar Rodríguez.

Primeiro andar.

Poderá visitarse no horario de apertura da biblioteca.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación