Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cantareiras

O Museo do Pobo Galego co gallo da homenaxe das Letras Galegas 2025 ás cantareiras e á poesía popular oral presenta a exposición Cantareiras, producida polo propio museo.

Trátase dunha mostra que recompila materiais sonoros, procedentes dos fondos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, unha escolma de material gráfico e documental, así como pezas pertencentes á colección do Museo ou cedidas á institución para a ocasión.

Galego

A carreira espacial: historia e fitos

A carreira espacial é un capítulo fascinante da historia dos século XX, marcada pola competencia entre as dúas superpotencias da Guerra Fría, Estados Unidos e a Unión Soviética, para lograr avances tecnolóxicos e exploratorios no espazo exterior. Comezou a finais da década de 1950 e estendeuse durante os anos 60 e 70, no contexto da rivalidade xeopolítica entre ambas as nacións.
Lugar: zona de exposicións da biblioteca.
Para todos os públicos.

Galego

Toma castaña. Galicia

Ven descubrir os impresionantes castiñeiros senlleiros da nosa comunidade, árbores que forman parte do valioso legado do patrimonio natural galego, e que nos regalan cada outono os seus froitos, as castañas, eses pequenos tesouros que se esconden nos seus característicos ourizos.

 

Mergúllate nun souto recreado especialmente para ti, nunha homenaxe a nosa terra e tradicións.

 

Galego

A óptica das ilusións

Experimenta a maxia e a marabilla dos enganos visuais da man do mago David Méndez, que combina as diferentes ilusións que reciben os nosos ollos e que cando chegan ao cerebro dan como resultado a admiración e o asombro.

Un espectáculo moi visual e participativo para todos os públicos.

Para nenos/as de 4 a 12 anos (público familiar)

Duración: 45 minutos

Salón de Actos (ata completar aforo)

 

 

Galego

Bibliotecas imaxinadas: as bibliotecas na literatura e no cine

Dende a biblioteca de Don Quijote pasando pola da abadía de O nome da rosa ata a de O ataque dos clons na Guerra das Galaxias, podemos atopar numerosas referencias ás bibliotecas nas obras de ficción. A esas bibliotecas imaxinadas e ás obras que as conteñen vai dedicada esta exposición.

Zona de exposicións da biblioteca.

Todos os públicos.

Galego

Os Segredos da Natureza

Itinerario etnobotánico a cargo do arquitecto paisaxista Sven Dieter Adler no que os participantes terán un contacto directo co mundo das plantas e árbores mediante un paseo polo centro da cidade para recoñecer distintas especies vexetais da nosa contorna, as súas propiedades e utilizacións.

Así mesmo descubrirán a importancia do deseño de xardíns e zoas verdes, e a necesidade da existencia de plans urbanísticos de espazos verdes.

Para adultos (15-20 prazas)

Saída dende a Capela de San Roque

Duración : 75 minutos

Galego

Tradución: o labor na sombra

Exposición bibliográfica e centro de interese.

a tradución é un dos oficios menos coñecidos do proceso editorial, coa intención de achegármonos a el, realizamos este centro de interese para conmemorar o día da tradución na nosa biblioteca.

Do 10 ao 30 de setembro. Todos os públicos. Zona de exposicións da biblioteca

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación