Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Miguel Fleta

O crítico Alejandro Martínez acudirá este día para presentar o libro que escribiu sobre o lendario tenor español, quizais o máis importante do século XX, ao que Arturo Toscanini confiou a estrea de Turandot de Puccini. Freta faleceu na Coruña, cidade con que mantivo unha estreita relación.

Galego

Mulleres en acción: Violencia zero: María Maquieira

No seu libro Las fronteras del feminismo. Teorías nómadas, mestizas y postmodernas, a doutora en filosofía, investigadora e profesora da Facultade de Artes e Comunicación da Universidade Europea de Madrid Carolina Meloni ábrenos a mirada cara a cales son os confíns e límites que a propia teoría feminista debería considerar e superar para abrazar dese xeito todas as particularidades, identidades e perfís que esta loita abarca, sumándolle aínda máis forzas á súa causa.

Galego

Mulleres en acción: Violencia zero: Lúa Mosquetera

Poesía feminista con base musical de reguetón. Trátase dunha enumeración de varios micromachismos que se sofren a diario (baseado en testemuños reais) cunha reflexión final que invita a cuestionarse certas actitudes cotiás.

Collemos un xénero musical tipicamente machista para concienciar sobre actitudes que nos prexudican e toleramos completamente de maneira inconsciente. Incita ao cambio e á busca da igualdade.

CV Lúa Mosquetera (Miño, 1988)

Galego

Mulleres en acción. Violencia zero: Mónica Sueiro

Son subterránea. Lembrades o meu nome? Latexo baixo a terra, nunha corrente que non se ve. Silenciosa? SILENCIADA. Habito nunha illa á deriva desprendida do continente Visible. Nese continente son INVISIBLE. Non me vedes pero ESTOU. Estou e collo forzas. Reivindico a miña presenza. Conquisto a miña palabra. Recoñezo os meus méritos e non me sinto culpable. SON FORTE. Creo as pontes para regresar ao territorio hostil. Collo impulso e habito o continente Visible. O MEU TERRITORIO.

CV Mónica Sueiro (Ourense, 1967)

Galego

Mulleres en acción. Violencia zero: Noemí Núñez

Trátase do fortalecemento da autoestima e do amor propio, así como do autocoidado e do autoconcepto, aspectos que resultan fracturados pola desigualdade e a violencia de xénero, o que acaba repercutindo nunha anulación da forza. Cultivar un xardín salvaxe e forte, desacreditando os estereotipos de debilidade e inferioridade asociados sobre todo coa feminidade.

CV NOEMÍ NÚÑEZ (O Cebreiro, Lugo, 1987)

Galego

Coñecendo as nosas deportistas: Susana Rodríguez

O proxecto "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade, pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Este proxecto ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os eidos, de cara á eliminación dos estereotipos e as discriminacións que aínda persisten na sociedade.

Galego

Coñecendo as nosas deportistas: Tamara Echegoyen

O proxecto "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade, pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Este proxecto ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os eidos, de cara á eliminación dos estereotipos e as discriminacións que aínda persisten na sociedade.

Galego

Olalla Cociña: Unha tu

Unha ti é unha alucinación do desdobramento. Como un loop que se repite e respóndese a si mesmo, un monólogo a dúas voces que son a mesma voz, un unísono, e, ademais, outra distinta. Escoitando desde a porta deixo ao meu corpo elevarse, ao fin sen peso, cheo de osíxeno e campanitas que tintinean: en realidade non soan pero sei como soan. Descúbrome e sobrevoo, estou encima de min, observando como durmo desde o teito do cuarto.

E doume algo de medo, como nun cadro de Delvaux.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación