Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Presentación de "Monstras" + proxección de capítulos

No ano 1994 as doutoras Mary Valentis e Anne Devane preguntaron ás mulleres como imaxinaban a súa propia rabia: todas elas coincidían en evocar o rostro de Medusa.

“Monstras” é a primeira webserie feminista de ficción en galego feita por unha equipa formada íntegramente por mulleres, ademáis de ser o proxecto máis ambicioso de Corentena Producións até o momento: un novo formato, unha extensión maior, e unha equipa técnica e artística máis grande.

Galego

Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)

2 de novembro, ás 12:00 h, no salón de actos

Contacontos: E se a miña avoa fose Marie Curie... Contacontos, sobre unha avoa adiantada no seu tempo, gustábanlle as matemáticas e a fisica desde moi pequena, que chegou a converter a súa casa nun laboratorio algo improvisado.

Público: de 3 a 12 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Exposición fotográfica 'Punto e seguido' e mostra de libros sobre o dano cerebral

Entre o 22 de outubro e o 8 de novembro poderase ver na Biblioteca Ánxel Casal a colección de imaxes 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido', tomadas nas cinco asociacións de FEGADACE polo fotógrafo Aigi Boga e que compoñen un completo retrato sobre as consecuencias do dano cerebral. Estarán acompañadas dunha recompilación de títulos nos que se trata o dano cerebral; as súas causas, como o ictus; as situacións de dependencia que se xeran, e moito máis.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación