Mestras e pedagogas
No vestíbulo.

No vestíbulo.
Do 15 de febreiro ata o 15 de maio.
Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2019”?
É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.
Que teño que facer?
Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.
Canto dura a actividade?
Dende o 15 de febreiro ata o 15 de maio poderánse levar os libros en préstamo.
Presentación + Novidades WordPress
Ás 18:30, como todos os meses farase a presentación do evento e as últimas actualizacións no grupo, e ademais faremos un breve repaso ás novidades de WordPress e as noticias á súa ao redor das últimas semanas.
Charla: WPO fácil para acelerar o teu WordPress.
Falaremos de técnicas prácticas de WPO (Web Performance Optimization, optimización do rendemento web) específicas para acelerar e mellorar a velocidade de carga de calquera WordPress, con probas e algún caso real. Quen non quere que a súa web funcione máis rápido?
Na sala de préstamo.
Na sala de préstamo.
O proxecto Gender Identity: Child Readers and Library Collections ten como obxectivo promover unha literatura infanti desde o punto de vista dos roles e modelos de xénero, unha literatura aberta, plural, variada, sen estereotipos e baseada no respecto e a diversidade.
Na sala infantil.
Na entrada da biblioteca.
A diversidade lingüística -e con ela, a riqueza cultural- do mundo atópase amenazada. Segundo datos da UNESCO, hai un número cada vez maior de linguas que desaparecen, levando á desaparición dun patrimonio intelectual de valor incalculable. Para concienciar sobre esta problemática, organizamos unha exposición de documentos orientados á promoción da defensa dos dereitos lingüísticos en varios idiomas.
Datas: Do 15 ao 28 de febreiro
Horario: De luns a venres, de 08:30 a 20:30 horas. Os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.
Na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, queremos lembrar a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento, o día 28 de febreiro de 1837. Para iso, organizamos unha exposición de documentos de Rosalía e sobre Rosalía pertencentes aos nosos fondos.
Datas: Do 14 ao 28 de febreiro
Lugar: No vestíbulo
Horario: De luns a venres, de 08:30 a 20:30 horas. Os sábados, de 10:00 a 14:00 horas
Primeiro meetup do ano 2019 da comunidade WordPress Pontevedra onde todos sodes benvidos, sexa cal sexa o voso nivel e a vosa relación con este fantástico xestor de contidos. Esperamos vervos!
Ás 18.30 h., como todos os meses, farase a presentación do eventos e as últimas actualizacións no grupo, e ademáis faremos breve repaso as novidades de WordPress e as novas ao seu redor nas últimas semanas.