Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar

Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar é unha exposición que busca dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

Galego

GalizAmérica

Tras a Guerra Civil, milleiros de galegos e de galegas tiveron que partir ao exilio. Entre eles, atopábanse moitos dos intelectuais máis destacados, que acabaron refuxiándose en América. México e Uruguai primeiro e logo tamén Arxentina serán os destinos do exilio galego. Entre eles estaban Lugrís, Freire, Castelao, Seoane ou Colmeiro.

Esta concentración de intelectuais xerou unha actividade cultural intensa en diferentes campos creativos con especial incidente na edición. A exposición GalizAmerica aborda ese florecemento cultural no exilio. 

Galego

O Sabio Caldas

A exposición Francisco Javier de Caldas (1768-1816) O Sabio Caldas lembra a figura e a obra deste científico ilustrado, ligado a Caldas de Reis, de onde partiu o seu pai a mediados do século XVIII, el mesmo asinaba algunha das súas cartas como El Gallego, e así o coñecían os seus amigos da pequena cidade colonial de Popayán.

Francisco José de Caldas foi un científico ilustrado que destacou polos seus traballos de astronomía, xeografía, botánica e física no Virreinato de Nueva Granada, nos actuais territorios de Colombia e Ecuador.

Galego

Cos pés na terra

Recuperar a historia dun dos oficios artesáns que resultaban máis importantes para a vida cotiá hai décadas: iso é o que fai Cos pés na terra. Zoqueiros e galocheiros na provincia de Lugo. A mostra recupera pezas do traballo destes artesáns e presenta a algúns dos últimos zoqueiros e galocheiros lucenses.

A exposición parte do traballo de investigación do xornalista José M. Salgado. 

Galego

IV Centenario da expedición dos irmáns Nodal

Impartiranse tres conferencias sobre o coñecemento que hai da expedición ao estreito de Magallanes e Tierra de Fuego dos irmáns pontevedreses Bartolomé e Gonzalo García de Nodal.

Programa:

17:15 h
“As claves históricas da expedición dos irmáns Nodal (1618-1619)”, por David Rodríguez Couto. Universidad Nacional de Educación a Distancia.

18:00 h
“Trala estela dos Nodal: destino, Pontevedra”, por Alfonso D. Fernández Pousada. Arquivo de Santa María a Maior.

Galego

Presentación O Tesouro de Lucio

Lucio Urtubia foi un anarquista navarro que puxo en xaque ao First National City Bank. E agora o guionista e debuxante Mikel Santos, Belatz, conta a súa historia a través da súas palabras e debuxos.

O nome orixinal da novela é Gerezi garaia, e ten como obxectivo principal reflectir o pensamento libertario de Lucio Urtubia.

Galego

Actividades didácticas co gallo da exposición de Graciela Iturbide

Para participar nas actividades didácticas relacionadas coa exposición de Graciela Iturbide é preciso reservar a praza chamando ao 981 060 050 de luns a venres en horario de 9h a 14h e de 16h a 18h o enviando un correo electrónico a info@fbarrie.org

Nestas actividades poden participar centros de ensino, grupos de diversidade funcional, adultos e familias. Para cada grupo hai un tipo de programa que poderedes consultar nas seguintes ligazóns.

Galego

De mar a mar

Mostra que recompila arredor de 20 fotografías de gran formato realizadas coa técnica estereográfica, organizada co gallo da celebración do Ano do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa en 2018. 
As imaxes retratan o patrimonio, as paisaxes e os propios peregrinos tanto do Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa como do Camiño Inglés e o de Fisterra e Muxía, as catro rutas nas que está presente esta mostra itinerante.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación