Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Entre liñas

A exposición Entre liñas, organizada pola Fundación Curros Enríquez e comisariada por Javier Gándara Feijóo, inclúe material documental, moitas veces inédito, dos fondos da Fundación. O proxecto céntrase en epístolas escritas por Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Otero Pedrayo e Faustino Santalices. Os contidos son dotados de contexto empregando pinturas, fotografías, gravados e outros documentos en alusión aos autores e textos seleccionados. 

Galego

Traxandaina, o traxe aldeán de garda nas terras de Lugo

A Capela de Santa María acolle unha mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo, con diferentes vestidos  feitos e lucidos ao final do s.XIX e principios do s.XX. Son os traxes que usaban as mulleres do rural para lucir os días de feira, os domingos para ir á misa ou “domingar”, as mellores prendas que tiñan no seu armario, por tanto. 

Galego

Os dous hemisferios do sagrado: Bill Viola e Anish Kapoor

Esta conferencia forma parte do ciclo A violencia e o sagrado na arte contemporánea organizada pola Fundación Barrié e a Real Asociación de Amigos do Museo Reina Sofía.

O obxectivo deste ciclo é achegar e contextualizar diferentes aspectos da arte contemporánea galega.

A Directora-Xerente da Real Asociación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía Marga Paz será a encargada de impartir esta conferencia.

Galego

Crash: o sacrificio mecánico. De Warhol a Cronenberg

Esta conferencia forma parte do ciclo A violencia e o sagrado na arte contemporánea organizado pola Fundación Barrié e a Real Asociación de Amigos do Museo Reina Sofía.

O obxectivo deste ciclo é achegar e contextualizar diferentes aspectos da arte contemporánea galega.

O doctor en filosofía e catedrático xubilado de estética Félix de Azúa será o encargado de impartir esta conferencia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación