Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Blas de Lezo y la guerra del Asiento

A nave El Tinglado do Porto de Vigo acolle unha mostra gratuíta sobre a figura de Blas de Lezo y Olavarrieta, unha das figuras máis destacadas da escena naval española. Nacido en Pasajes, Guipúscoa, o almirante Blas de Lezo pasou á historia como un importante estratego, que contou na súa ficha con actuacións tan coñecidas como a defensa de Cartagena de Indias durante o asedio británico en 1741, a coñecida como Guerra do Asento. 

Galego

Alejandro de la Sota

Organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia cos fondos documentais cedidos pola fundación Alejandro de la Sota, e coa colaboración da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, a exposición - que se pode atopar na rúa, en oito grandes prismas -recolle a traxectoria do arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota, os seus traballos máis destacados e o seu pensamento arquitectónico. 

Galego

As primeiras olladas ao Pergamiño Vindel

Co gallo do Día do Libro, a Real Academia Galega volve deterse no Pergamiño Vindel, tras a súa estancia en Vigo, cunha mostra das pezas máis significativas arredor dela que custodia a biblioteca da institución.

Entre elas poderán verse o artigo na revista Arte Español do libreiro que lle deu nome, Pedro Vindel, no que anunciaba, en febreiro de 1914, a súa descuberta; e un dos escasísimos exemplares do libriño que publicou un ano despois de atopalo por casualidade, que inclúe unha edición facsimilar deste tesouro. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación