Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Muller tiñas que ser!

O 11 de febreiro celébrase o Día internacional da muller e a nena na ciencia, e a iniciativa do mesmo nome, 11 de febreiro, quere axudar á visibilización do traballo das profesionais de carreiras STEM (acrónimo en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) mediante unha serie de iniciativas por toda España. Buscan tamén contribuír á creación de roles femininos e a lograr a igualdade de xénero nos ámbitos científicos.

Galego

Isidro Novo

Escribiu narrativa e poesía, con máis dunha vintena de obras publicadas, e foi xornalista e radiofonista. O autor publicara o pasado ano O tabú na traslenda, no que abordou o futuro do rural galego desde unha visión optimista.

Galego

Pasaporte de Lectura das Letras Galegas

Do 1 de febreiro ata o 16 de maio.

 

Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2018”?

É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

 

Que teño que facer?

Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.

 

Canto dura a actividade?

Dende o 1 de febreiro ata o 15 de maio poderánse levar os libros en préstamo.

 

Galego

A arte no cómic

A arte no cómic, mostra de Fundación Telefónica, une a historia da arte co traballo en banda deseñada. Así, os visitantes poderán ver reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores. Ademais, a exposición tamén aborda a relación entre os grandes centros de arte e o cómic, como poder ser a relación entre as coleccións do Louvre ou do Museo de Orsay e o publicado pola editorial Futuropolis ou a edición de banda deseñada polo Museo Thyssen-Bornemisza. 

Galego

Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada

A Biblioteca de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) queren homenaxear no Día da Ilustración deste ano 2018 a Camilo Díaz Baliño (1889-1936). Para isto presentan unha nova mostra bibliográfica e un vídeo sobre o escenógrafo, pintor e debuxante galego.

A mostra está formada por 54 pezas. Libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos todos relacionados coa figura de Camilo Díaz Baliño. Todas estas pezas se custodian na Biblioteca de Galicia.

Estrutura (6 vitrinas):

1. Camilo Díaz Baliño

Galego

De tendas

Na sede de Afundación, na rúa do Vilar, unha exposición de fotografía destaca aos comercios máis emblemáticos da cidade de Santiago.  A Ferretería Casas Chico, a Mercería La Novedad, o Ultramarinos Carro ou a Papelería Compostela son algúns dos establecementos protagonistas.

Son establecementos especiais, lembran na presentación da exposición, que vertebran a alma da cidade. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación