Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Retratos sobre fondo negro

A mostra itinerante Retratos sobre fondo negro recolle a experiencia de superación de Pilo Gallizo. É unha exposición froito dunha serie de visitas que tivo na casa Gallizo como consecuencia dun período de convalencia dunha enfermidade, no período dun ano, que lle provocou a perda do 70% da visión. 

Galego

Con Galiza sempre no horizonte

Documentos, fotografías e mostras do seu traballo dan a coñecer o tempo que Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo, pai e fillo, pasaron xuntos en Santiago de Compostela, entre 1920 e 1936, un período de 16 anos no que Díaz Baliño non só foi o responsable dos eventos artísticos do concello santiagués senón tamén un nome clave no deseño gráfico e editorial, na cartelería ou na escenografía. Na mostra poden tamén verse os retratos que Díaz Baliño fixo dos seus compañeiros de prisión nos primeiros meses da Guerra Civil. 

Galego

GalizAmérica. Edición e lingua na emigración

A Guerra Civil do 36, coa consecuente derrota da República, levou a milleiros de galegos e galegas ao exilio. Este exilio tivo a nivel cultural unha gran relevancia pois, moitos dos mellores intelectuais do país refuxiaranse fundamentalmente nos países máis democráticos de América nese momento, en especial en México e Uruguai. Pouco despois, será Arxentina o destino principal dos exiliados, país que xa contaba con diversos centros galegos concentrados no seu capital, Buenos Aires.

Galego

Jella Lepman

A entrada do Multiusos da Xunqueira de Redondela acolle unha exposición dedicada á escritora e xornalista Jella Lepman (1891-1970) que creou en 1949 a Biblioteca Internacional da Mocidade en Munich, un dos proxectos cos que contribuíu ao entendemento internacional a través da literatura infantil .

A exposición articúlase en torno a unha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron desde 1956 ata a actualidade o Premio Hans Christian Andersen, considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e coñecido como o Pequeno Premio Nobel.

Galego

O Ártico rompe

Trátase dunha singular mostra cuxa finalidade é dar a coñecer o importantísimo papel dos ecosistemas do Polo Norte e concienciar da importancia da conservación da rexión polar.

As altas temperaturas dos últimos veráns aceleraron o desxeo superficial do Ártico. As fracturas de icebergs non fan máis que evidenciar os síntomas do proceso de transformación dunha das zonas máis sensibles da Terra. Estes cambios, que están desencadeando unha aceleración do cambio climático, afectarán ao clima de todo o planeta.

Galego

Terror médico

Libros, cómics e películas relacionados co mundo sanitario: thriller médico, investigación forense, virus letais, experimentos científicos, hospitais psiquiátricos, doutores que exceden límites éticos...

Na entrada da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación