Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

50 anos na Lúa

Este mes celébrase en todo o mundo o 50 aniversario da chegada do home á Lúa, cada quen pode ter un motivo. Desde o Club Vega apuntámonos á festa cun acto conmemorativo. O día elexido, o 12 de xullo; o lugar, a Nave de Vidán, que unha vez máis nos ofrece a súa colaboración.

Teremos unha pequena charla divulgativa a cargo do noso amigo Dosi Veiga, despois presentaremos o traballo dos astrofotógrafos do Club Vega nunha pequena (pero intensa) exposición de fotografías da Lúa, que quedará na Nave ata setembro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación