Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Asinamos ser libres - Xela Arias Castaño

Lugar: sala de exposicións da biblioteca, primeiro andar

Esta exposición divulgativa da vida e obra de Xela Arias producida por Ouvirmos toma o seu nome precisamente dunha autopoética da autora publicada no Faro de Vigo en 1984.

A exposición está composta por 12 paneis soportados en estruturas de madeira con texto central e documentación a cargo de Chus Nogueira e fotografías de Xulio Gil, do Arquivo familiar Arias Castaño e do Arquivo Edicións Xerais de Galicia.

Galego

De caminho a camiño: o Camiño Portugués da costa

Descrición das etapas e lugares que conforman o Camiño Portugués da costa, para dalo coñecer entre os nosos usuarios como turismo de proximidade, especialmente neste Xacobeo 21-22.

A exposición irá acompañada dunha bibliografía e centro de interese con guías turísticas e obras vinculadas aos lugares senlleiros deste vieiro tradicional.

Do 14 de xuño ao 30 de setembro.

Galego

Letras Galegas 2021| Xela Arias: Relecturas

A Cidade da Cultura súmase como cada 17 de maio á celebración das Letras Galegas, este ano dedicadas a Xela Arias, figura que tamén ten a súa homenaxe e festexo neste gran día no Gaiás para pór en valor a actividade como poeta, tradutora, editora e docente dunha das figuras creativamente máis inconformistas, transgresoras e esixentes das nosas letras, que, en palabras de Ana Romaní "despregou ao longo de corenta e un anos de vida a paixón da palabra na súa máis depurada independencia, en cada un dos seus actos poéticos, culturais, cívicos".

Galego

Mes da ilustración- Miguelanxo Prado

Non só a palabra escrita vai a estar presente nas actividades que conmemoran os dez anos da Biblioteca de Galicia. A linguaxe visual impresa, cada vez máis demandada nas bibliotecas, merece tamén estar nesta programación.

O obxectivo desta actividade é contar con algúns dos ilustradores galegos máis sobresaíntes. Nas sesións que se programarán todos os venres do mes de Maio ás 19:00 horas, as ilustradores e ilustradores convidados compartirán cos asistentes as súas habilidades, traballos e experiencias e nas que gozaremos da súa liberdade creativa. 

Galego

Mes da ilustración- David Pintor & Alberto Guitián

Mes da ilustración- Laura Romero & Iria Ribadomar interpretan a Lolita Díaz Baliño

Este venres 14 de maio celebrararase unha nova sesión dedicada á ilustración dentro do programa de actividades polo décimo aniversario da Biblioteca de Galicia. Nesta ocasión o protagonismo terao a ilustración feita por mulleres, xa que a sesión desenvolverase en torno á obra de Lolita Díaz Baliño, Laura Romero e Iria Ribadomar.

Galego

Os nomes en galego

Xela Arias naceu en 1962 e rexistrárona co nome de María de los Ángeles. Naqueles anos había unha ditadura que impedía que os pais puidesen poñerlles aos seus fillos apelativos en galego. Porén, na familia sempre lle chamaron Xela e ela decidiu que ese sería o seu único nome. Logo de recorrer aos tribunais, sabedes que sucedeu?. Premede na resposta correcta...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación