Divulgación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

PATRIARCADAS REVIRAD@S

Exposición virtual sobre unha serie de carteis deseñados polo alumnado do IES Illa de Ons de Bueu con motivo do 25 de novembro, día contra a violencia machista.

A exposición virtual forma parte dun proxecto educativo en colaboración do Museo Massó e o IES Illa de Ons de Bueu. Trátase de que o alumnado tome conciencia de situacións machistas que viven a diario, que saiban identificalas e traten de evitar patróns de comportamento que derivan en violencias contra as mulleres.

Galego

28 de xuño, nin un paso atrás

Este 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTB, a biblioteca quere sumarse á loita pola igualdade real e efectiva de todas as persoas que forman parte deste colectivo. Para facelo creamos unha mostra bibliográfica en que atoparedes cousas tan diversas como: historias de destacados activistas, biografías de grandes iconas LGTB, transexualidade, xénero, maternidade queer, testemuños reais, e moito máis.

Galego

O MDPS EN CLAVE DE XÉNERO

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller do 8 de marzo de 2023, o Museo das Peregrinacións e de Santiago publica unha nova exposición virtual na que se analizan unha selección de fondos en clave de xénero. 

A exposición está dividida en diversas seccións temáticas desde un variado enfoque de análise: fondos vinculados a mulleres peregrinas, producións artísticas autoría de mulleres e unha selección de obras que responden a diversas perspectivas históricas cun planteamento de xénero. 

Galego

XXIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Baixo o lema "Con Moita Arte" o salón, que este ano celebra o seu vixésimo terceira edición, terá como gran protagonista á literatura infantil e xuvenil e contará cun programa formando por multitude de propostas que van desde talleres, obras de teatro pasando por sesións de contacontos,  charlas-coloquio entre outras. Propostas que poderán gozar público de todas as idades.

O horario do salón será de 17.00 a 20.00 horas de luns a xoves, de 17.00 a 20.30 horas os venres e de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas os sábados e domingos.

Galego

DOCUMENTARIO "ALEGRÍA" DE ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

A 20 ANOS DA CATÁSTROFE DO "PRESTIGE"

O 13 de novembro de 2002 produciuse o maior desastre ecolóxico da historia da Galiza. Unha noite de temporal o petroleiro monocasco Prestige sufriu unha vía de auga cando navegaba a 28 millas do cabo Fisterra. As autoridades españolas comezaron un rocambolesco periplo remolcando o barco até que o día 19 de novembro se partiu en dous.

Galego

Axenda 2030: obxectivos de desenvolvemento sostible

A Biblioteca apoia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, é un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que tamén ten a intención de fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza.

193 Estados membro das Nacións Unidas aprobaron unha resolución na que recoñecen que o maior desafío do mundo actual é a erradicación da pobreza e afirman que sen lograla non pode haber desenvolvemento sostible.

Galego

EPIS e ferramentas de man das bombeiras e dos bombeiros forestais

A mostra pretende achegar a través dos equipos de protección e das ferramentas de man o traballo dos/as bombeiros/as forestais, a súa ordenación nas distintas categorías do persoal e as súas funcións.

Dous monitores permiten visualizar un vídeo sobre a BRIF de Laza e, noutro, un unha serie de fotografías mostran o traballo e a maquinaria empregada polas bombeiras e polos bombeiros na súa defensa contar o lume.

Galego

A CONSERVACIÓN DO ARQUIVO ABRENTE

O principal obxectivo da exposición é amosar e facer chegar ao público a intervención de conservación realizada polo museo sobre o fondo documental da agrupación cultural Abrente ao longo dos últimos anos. Este fondo  foi depositado e arquivado no Museo Etnolóxico en 1986, unha vez disolvida a agrupación. É un arquivo de consulta frecuente, e inclúe documentación administrativa, recortes de xornais, fotografías, folletos, follas voandeiras, manuscritos, actas, recibos e libros de contas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Divulgación