Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bailar agora

Bailaríns: Marta Alonso Tejada e Sergio Perol

“Bailar es alcanzar la palabra que no existe, cantar una canción de mil generaciones. Sentir el significado de un momento” 

Beth Jones

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no Presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí  e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.  

Galego

Koteva

O Koteba é a forma tradicional do teatro da cultura bambara. Para esta creación, Seydou Boro inspírase na sociedade secreta dos yonyonsés e do seu rito, o boûgô, que permite a quen o practica rirse dos comportamentos conflitivos, denunciar ou confesar os actos negativos. Baixo os trazos dun personaxe enmascarado, os aldeáns liberan, escoitan, aceptan e respetan a palabra.
 

Galego

Bat

Un programa de tres coreografías, que compoñen un espectáculo de danza para todo tipo de públicos e para gozar da danza contemporánea en todo o seu esplendor.
Presenta tres coreografías xurdidas do seu propio laboratorio de creación e interpretadas polos mozos bailaríns da compañía, nas que apareceron os esforzos humanos en busca da felicidade.
"Bat" está composta por tres pezas:
"Los esclavos felices", MARTIN HARRIAGUE; baséase na obra homónima de Juan Crisóstomo Arriaga. Dez minutos frenéticos, cheos de movemento e de ironía.

Galego

Mar de danza: Igor Yebra

Nacido en Bilbao, Igor Yebra formouse na escola de Víctor Ullate, en Madrid. Debutou como profesional no Ballet de Víctor Ullate (1988-1996) e posteriormente emprendeu a súa carreira en solitario no Australian Ballet (1997-1999), primeira das moitas compañías internacionais dos cinco continentes coas que colaborou ao longo da súa traxectoria. A súa carreira internacional como freelance nutriuse de tres fontes principais: a escola francesa grazas a Charles Jude, a escola italiana da man de Carla Fracci e a escola rusa a través de Yuri Grigorovich.

Galego

SóLODOS

O Festival Internacional de Danza Contemporánea SóLODOS EN DANZA chega á Cidade da Cultura cunha mostra coa que quere conmemorar o seu 5º aniversario de maneira especial. Para a ocasión porá en escena no Gaiás unha selección de cinco pezas participantes e gañadoras das edicións que tiveron lugar en diversos puntos de España ao longo destes pasados 5 anos [merca a túa entrada premendo AQUÍ!]:

Compañía Unaiuna (Cataluña - Baleares)

Arnau Pérez (Cataluña) 

Alba Fernández Cotelo - Cía Exire (Galicia) 

Violeta Iriberri e Raúl Lorenzo (Cataluña - Andalucía) 

Galego

SóLODOS EN DANZA

O Festival Internacional de Danza Contemporánea SóLODOS EN DANZA chega á Cidade da Cultura cunha mostra coa que quere conmemorar o seu 5º aniversario de maneira especial. Para a ocasión porá en escena no Gaiás unha selección de cinco pezas participantes e gañadoras das edicións que tiveron lugar en diversos puntos de España ao longo destes pasados 5 anos.

Galego

Dálle Donaire

A Asociación Cultural Donaire presenta o VIII Dálle Donaire, un evento que consistirá nunha pequena demostración do aprendido durante as actividades da Asociación, cunha actuación dinámica na que a música e a danza tradicional non pararán en ningún momento, creando un espectáculo atractivo para o espectador.

 

Nesta ocasión cos grupos da escola desde maiores a pequenos e o grupo titular mostrando o noso baile e a nosa música tradicional

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza