TRC danza: Dose de Paraíso
Dose de paraíso é a nova creación de Sharon Fridman, unha exploración sobre o amor e as relacións, na que se desenvolve un diálogo coas novas tecnoloxías en procura de espazos emocionais, grazas á colaboración con artistas de España, Bélxica e Israel.
Este traballo de investigación e creación desenvolveuse no marco de residencias técnico-artísticas no Teatro Francisco Rabal de Pinto, onde a compañía é residente desde outubro de 2018.