Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mar de danza: Igor Yebra

Nacido en Bilbao, Igor Yebra formouse na escola de Víctor Ullate, en Madrid. Debutou como profesional no Ballet de Víctor Ullate (1988-1996) e posteriormente emprendeu a súa carreira en solitario no Australian Ballet (1997-1999), primeira das moitas compañías internacionais dos cinco continentes coas que colaborou ao longo da súa traxectoria. A súa carreira internacional como freelance nutriuse de tres fontes principais: a escola francesa grazas a Charles Jude, a escola italiana da man de Carla Fracci e a escola rusa a través de Yuri Grigorovich.

Galego

SóLODOS

O Festival Internacional de Danza Contemporánea SóLODOS EN DANZA chega á Cidade da Cultura cunha mostra coa que quere conmemorar o seu 5º aniversario de maneira especial. Para a ocasión porá en escena no Gaiás unha selección de cinco pezas participantes e gañadoras das edicións que tiveron lugar en diversos puntos de España ao longo destes pasados 5 anos [merca a túa entrada premendo AQUÍ!]:

Compañía Unaiuna (Cataluña - Baleares)

Arnau Pérez (Cataluña) 

Alba Fernández Cotelo - Cía Exire (Galicia) 

Violeta Iriberri e Raúl Lorenzo (Cataluña - Andalucía) 

Galego

SóLODOS EN DANZA

O Festival Internacional de Danza Contemporánea SóLODOS EN DANZA chega á Cidade da Cultura cunha mostra coa que quere conmemorar o seu 5º aniversario de maneira especial. Para a ocasión porá en escena no Gaiás unha selección de cinco pezas participantes e gañadoras das edicións que tiveron lugar en diversos puntos de España ao longo destes pasados 5 anos.

Galego

Dálle Donaire

A Asociación Cultural Donaire presenta o VIII Dálle Donaire, un evento que consistirá nunha pequena demostración do aprendido durante as actividades da Asociación, cunha actuación dinámica na que a música e a danza tradicional non pararán en ningún momento, creando un espectáculo atractivo para o espectador.

 

Nesta ocasión cos grupos da escola desde maiores a pequenos e o grupo titular mostrando o noso baile e a nosa música tradicional

Galego

Ballet Nacional Ruso- El Cascanueces

O Ballet Nacional Ruso fúndase en 1989, cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscova, S. Radchenko tenta realizar a súa visión dunha compañía, que reunise aos elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet Kirov e Bolshoi, nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso. Os principais bailaríns de toda Rusia forxan baixo dirección de S. Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporales como Giselle, Don Quixote, Paquita e Carmen.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza