Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Conta e canta con Blanca Millán e R. J. Peralta

Texto de presentación da actividade

Contacontos musical co escritor R. J. Peralta e a ilustradora Blanca Millán.

Os autores de "As filloas de Manora" e "Acouba Babau", contan e tamén cantan os seus contos para a cativada.

Unha actividade dinámica e participativa na que, a través de varios álbums ilustrados, contamos, conversamos e cantamos  de temas como a tradición das filloas, o labor dos avós nas nosas familias e a amizade.

Programa

"Ler Conta Moito 2023"

Galego

A cabeza a paxaros

Texto de presentación da actividade

Esta é unha sesión de contos cheíña de historias do máis bobas protagonizadas por personaxes que, parecendo parvos, resultan do máis listos. Relatos de humor, enxeño, intriga e un chisquiño de medo sobre xente que anda coa cabeza a paxaros.

Programa

Certamen Teatro "Ivan Tourón "

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (5-9)

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

A bibliotecaria estrafalaria 2.0

Texto de presentación da actividade

Volve Candelaria, a bibliotecaria estrafalaria, a que máis sabe de contos sorprendentes, ás veces soña co París dos surrealistas pois namorou dun dos seus lemas "máis xogar e menos pensar". Outras, soña con ser o Alicia e levar un sombreiro tolo...

Reatomamos a esta bibliotecaria creativa, soñando con ser dadaísta e patafísica, 

Unha brincandeira inolvidable entre libros!

Programa

Rechouchío

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A nécora Tarsila

Nun reino debaixo do mar, non lonxe da illa da Tambo, a nécora Tarsila vivirá perigos e aventuras... e acabará facendo unha Revolución Musical

  • Público destinatario: familiar, a partir de 3 anos
  • Data e hora: venres 27 de outubro ás 18:00 h.
  • Entrada libre, ata completar a capacidade da sala
Galego

Luuume!

Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?

Nesta fermosa historia, o noso protagonista, un pequeno misto que sempre está enfadado, aprenderá a xestionar a frustración.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos / Familiar

Duración : 40 /45 minutos.

Salón de actos

Galego

Contos da familia

Resulta interesante o xeito que a familia -pertecente a esfera privada/íntima, presentase como un espazo universal de posibilidades infinitas. Xirando en torno ao eixe

“Mamá, papá e bebé… “.

Marionetto invita a reflexionar, coa axuda de diferentes contos (que lle contaba o seo avó), sobre o significado da familia, e o que supón para cada un.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos / Familiar

Salón de actos

Duración : 45 minutos.

Galego

Museo en Familia 2023

Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.
Estas actividades están impulsadas pola Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades en colaboración coa Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España).

Galego

Contamos con elas

Biblioteca é feminino, por iso celebramos o seu día, con contos escritos por mulleres que xogan en todos os mundos posibles.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 dende o luns anterior á actividade.

Galego

Contos para entender o mundo

Contos para entender o mundo, son pequenas historias que nos contan o porqué das cousas; porque as xirafas teñen o pescozo tan alto, porque a semana ten 7 días,...

Ven e descobre esas respostas

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 dende o luns anterior á actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral